GALICIA
Axudas a entidades sociais para a adquisición de vehículos adaptados
A contía máxima da axuda será de 50.000 euros por vehículo e deberán adquirirse no 2023
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde de axudas a entidades sociais para a adquisición de vehículos adaptados de emisión cero, eco ou de etiqueta C verde, dotada con 3,6 millóns de euros. Estas axudas están dirixidas a organizacións que traballan no ámbito da atención de persoas maiores e persoas con discapacidade.
Esta nova convocatoria recolle que a contía máxima da axuda será de 50.000 euros por vehículo. Así mesmo, as entidades beneficiarias poderán solicitar un anticipo de ata o 100% da subvención concedida para facilitar que as asociacións conten con liquidez antes de facer fronte a adquisición do vehículo.
As entidades beneficiarias, do ámbito da atención a maiores e persoas con discapacidade, poderán solicitar un anticipo de ata o 100% da subvención concedida
A posta en marcha desta liña de axudas obedece ao compromiso do Goberno galego coa mellora da atención aos maiores e ás persoas con discapacidade. Deste xeito, a Administración autonómica favorece por un lado a compra de medios de transporte que respecten o medio ambiente e, por outro, axudan as entidades sociais no seu traballo diario a favor das persoas dependentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217