DEPORTES
A belga Verdonschot e o neerlandés Kamp impóñense no XaxanCX
A júnior Uxía Soto (Supermercados Froiz) conseguiu en Marín o seu segundo podio internacional da fin de semana
A primeira fin de semana de ciclocrós internacional en Galicia completouse este domingo en Marín. Ao día seguinte do Cidade de Pontevedra, o XaxanCX puxo de novo puntos UCI en xogo, neste caso nun evento de categoría C2, e os dous triunfos nas probas Elite-Sub23 asináronos corredores estranxeiros. A belga Laura Verdonshot e o neerlandés Ryan Kamp subiron ao máis alto dun podio no que a ponteareá Uxía Soto (Supermercados Froiz) ocupou o terceiro chanzo na carreira júnior.
A campioa de España elite Lucía González (Nesta-MMR) non puido repetir vitoria e no evento organizado polo XSM no circuíto de Chan de Gagán tivo que conformarse coa segunda posición. A asturiana, 24 horas despois de ter gañado na Illa das Esculturas, veuse sorprendida por Verdonshot. A belga decantou ao seu favor un emocionante man a man e coa terceira praza fíxose Sofía Rodríguez (Nesta-MMR).
Ás portas do top-10 e de ter sumado puntos UCI quedou Irene Trabazo (XSM). A elite marinense clasificouse undécima e exercendo de anfitrioa foi a mellor entre as galegas. Laura Mira (Supermercados Froiz) ocupou a 17ª praza na táboa xeral e a 8ª entre as sub23.
A carreira Elite-Sub23 masculina tivo de novo como dominador a Ryan Kamp. O neerlandés do Pauwels-Bingoal non deu opción aos seus rivais e pechou unha fin de semana perfecta. A novidade respecto ao acontecido na véspera en Pontevedra estivo no segundo posto. O cántabro Kevin Suárez (Nesta-MMR) superou ao campión estatal Felipe Orts (Burgos-BH) e os dous mellores especialistas españois na actualidade escoltaron ao gañador na entrega de trofeos.
En canto a representación galega, tres corredores conseguiron rematar unha carreira na que entre os dez primeiros houbo sete estranxeiros. O elite Iván Feijoo obtivo a 12ª posición, Anxo Carril (Coruxo) finalizou 14º -oitavo entre os sub23-, e Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz) concluíu 16º -décimo entre os sub23-.
Juniors
O mellor resultado autonómico da xornada nas probas de clase UCI C2 protagonizouno Uxía Soto. As representantes da selección italiana dominaron a carreira júnior, con vitoria de Valentina Corvo e segundo posto de Federica Venturelli, e tras loitar pola segunda praza a ciclista do Supermercados Froiz entrou terceira, mesmo posto que acadou o sábado en Pontevedra. A 1:09 da ponteareá cruzou a liña de meta a betanceira María Filgueiras (XSM), cuarta. Marta Estévez e Aroa Otero, novena e décima respectivamente, tamén sumaron puntos UCI e xusto a continuación das dúas corredoras do Supermercados Froiz terminou Sarela Conde (Academia Postal-Maceda).
Outra demostración do potencial do combinado azzurro na categoría júnior viviuse na competición masculina. Elian Paccagnella venceu por diante do seu compañeiro de selección Samuelle Scapini e o francés Noah Andre meteuse terceiro. Un puntou UCI colleitou Tomás Pombo (Padronés-Cortizo), que bateu a André Martínez (Avanza-O Porriño) no esprint pola décima posición e por ser o mellor galego.
Durante a sesión matinal tamén se celebrou a carreira inclusiva. Por primeira vez Marín acolleu no seu ciclocrós internacional esta proba que permite ás persoas con capacidades diferentes compartir escenario con algúns dos mellores especialistas do mundo. Un novo paso adiante para a súa integración.
Cadetes e masters
O programa do XaxanCX continuou pola tarde coas competicións cadetes e masters, probas nas que non se repartiron puntos UCI. Lorena Patiño (XSM) encabezou con autoridade a tripla galega nas rapazas cadetes. A líder da Copa de España compartiu podio con Iris Fernández (Academia Postal-Maceda), segunda, e Alba Gregores (Ponteareas), terceira. Pola súa banda, Xian Alvariño (Ponteareas) logrou a terceira posición nos cadetes masculinos, por detrás do cántabro Raúl López (Goros Bike) e do gañador, o valenciano Eric Igual (Teika).
As carreiras masters deixaron dúas vitorias galegas. Martin Buba (Coruxo) impúxose nos máster-40, con Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko) facendo terceiro, e Manuel González Ojea (Bici O Con) adxudicouse a categoría máster-60. Ademais, Miguel Porto (Ponteareas) levouse a terceira praza nos máster-30, Marina González (Illas Cíes) apuntouse o segundo posto nas masters femininas e rozou o podio Óscar González (Máis Que Bicis), cuarto nos máster-50.
As citas internacionais continuarán en Galicia este mércores nas Pontes. O sábado chegará a quenda de Ribadumia e o domingo, a de Sanxenxo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159