GALICIA
A Xunta pide sensibilidade ao goberno Central para salvar a industria electrointensiva
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, asegurou que as medidas adoptadas polo Estado son insuficientes pois o prezo da electricidade multiplicouse por cinco desde 2020
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, demandou esta semana sensibilidade ao Goberno central para salvar a industria electrointensiva, xa que as medidas implantadas ata o de agora -como o Estatuto electrointensivo ou a excepcionalidade ibérica- son “claramente insuficientes” xa que o prezo da electricidade multiplicouse por cinco desde 2020.
Realizou esta petición na Comisión 6ª do Parlamento de Galicia en resposta a unha pregunta sobre as medidas do Goberno central no eido da industria electrointensiva. A secretaria xeral enumerou unha serie de accións que se poderían aplicar como o incremento da porcentaxe de axuda do 75 ao 100% do custo da compensación de CO2; os mecanismos de interrompebilidade; o esgotamento do total dos ingresos permitidos pola UE para axudar as empresas electrointensivas; ou as poxas de enerxía, entre outras.
Pola súa banda, Galicia está a facer os deberes coa declaración desta industria como estratéxica, coa simplificación administrativa para acurtar os tempos de tramitación mantendo as garantías ou con medidas para impulsar a firma de PPAs. Grazas a estes instrumentos empresas como Alcoa ou Showa Denko teñen enriba da mesa contratos cun prezo eléctrico máis competitivo. Neste sentido, pediu a prórroga dos prazos establecidos polo Goberno para garantir a correcta avaliación dos proxectos eólicos vinculados ás PPAs da industria electrointensiva. Deste xeito, coa implicación do Estado, poderíase garantir a execución de proxectos renovables compatibles co territorio e facilitar á industria electrointensiva un prezo competitivo.
Na súa intervención, lembrou que o problema do custo da enerxía eléctrica é anterior á guerra de Ucraína, que se está vendo agravado polos prezos do gas natural e que se trata dunha situación extensiva xa ao resto da industria, sectores económicos e familias. Isto está provocando a perda de competitividade por parte das empresas españolas que pagan oito veces máis polo MWh que outros países veciños como Francia que están implantando medidas específicas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217