Domingo, 03 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 03 de Mayo de 2026 a las 10:25:24 horas

Xornal21.es
Martes, 18 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A feira AquaFuture Spain volverá celebrarse en Pontevedra

SE BEN O CERTAME SERÁ BIENAL A PARTIR DE ENTÓN, TERÁ LUGAR O ANO QUE VÉN PARA FAVORECER A SÚA CONSOLIDACIÓN E ATENDER A DEMANDA TANTO DO SECTOR EN XERAL COMO DAS EMPRESAS QUE NON PUIDERON PARTICIPAR O PASADO MARZO AO AGOTARSE O ESPAZO DISPOÑIBLE

O Salón Internacional da Industria Acuícola, AquaFuture Spain, organizado por OK Eventos, celebrará a súa segunda convocatoria do 28 ao 30 de marzo de 2023 no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.

 

Aínda que o certame será bienal a partir de entón, desenvolverase o ano que vén cun dobre obxectivo. Por unha banda, para consolidar o certame tras o éxito acadado o pasado mes de marzo e converter así este encontro internacional para o sector acuícola en España nun referente. E, por outra banda, para atender a demanda tanto do sector acuícola en xeral como das empresas que non puideron participar na súa primeira convocatoria, o pasado mes de marzo, debido a que se esgotou o espazo dispoñible.

 

Entre os obxectivos para esta nova edición, a organización proponse que o evento conte na súa área expositiva coa práctica totalidade das empresas máis importantes do sector, ademais de con unha maior presenza institucional e de asociacións tanto de diferentes Comunidades como doutros países. Así mesmo, crearanse espazos de networking para posibilitar tamén un labor comercial xa programado con anterioridade.

 

Ademais, o certame contará de novo cun interesante programa de actividades que incluirá xornadas técnicas, presentacións e un espazo culinario.

 

Magníficos resultados na súa primeira cita

A primeira convocatoria de AquaFuture Spain, que tivo lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA do 23 ao 25 de marzo deste ano, obtivo excelentes resultados a todos os niveis.

 

En canto á súa exposición, o certame tivo que ser ampliado ata en catro ocasións para acoller na súa área expositiva a 143 empresas e entidades de 23 países. O 87% destas compañías confirmaron que participarán na vindeira edición, mentres que máis de 30 empresas que acudiron como visitantes mostraron á organización o seu interese en ser expositores nesta próxima cita.

 

Así mesmo, o público apoiou o salón durante os seus tres días de celebración, acadando os 2.400 visitantes, unha cifra alta tendo en conta que se trata de público totalmente profesional dun sector moi específico e que era a primeira convocatoria da feira.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.