Domingo, 03 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 03 de Mayo de 2026 a las 11:25:46 horas

Xornal21.es
Lunes, 17 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación convoca a nova liña de axudas para cooperación en países empobrecidos

Estas achegas beneficiaron o ano pasado a ONGD da provincia con proxectos que buscaban a mellora das condicións de vida e un desenvolvemento sostible da poboación de Honduras, Bolivia e El Salvador

A Deputación de Pontevedra vén de publicar as bases da concesión de subvencións de cooperación ao desenvolvemento dirixidas ás organizacións non gobernamentais de desenvolvemento (ONGD) da provincia co fin de desenvolver proxectos de cooperación en países empobrecidos. Esta liña de axudas conta cun orzamento de 45.000 euros -cunha concesión máxima de 15.000 euros por entidade- que servirán para levar a cabo proxectos en liña coa Axenda 2030.

 

Sufragaranse proxectos dirixidos á erradicación da pobreza e aqueles que impliquen o empoderamento das mulleres, á defensa dos seus dereitos sexuais e reprodutivos e a unha vida libre de violencias. Tamén estarán subvencionadas accións que promovan o apoio ás entidades e organizacións feministas, con especial atención ás mulleres defensoras de dereitos. Do mesmo xeito, as achegas servirán para promover o exercicio dos dereitos sociais básicos ou loitar contra o cambio climático. Todas as ONGD que estean interesadas nelas deberán realizar unha solicitude na sede electrónica da Deputación (https://sede.depo.gal) no prazo dun mes contado a partir deste venres 14 de outubro.

 

Na anterior convocatoria seleccionáronse tres ONGD que levaron a cabo proxectos que buscaban a mellora das condicións de vida e un desenvolvemento sostible da poboación de Honduras, Bolivia e El Salvador. Foron a Asociación Amigos da Terra, que traballou na mellora do exercicio dos dereitos das mulleres rurais cunha vida saudable e libre de violencias así como no empoderamento económico en comunidades do Corpus (Honduras); a Fundación Taller de Solidaridad, que levou a cabo un proxecto de fortalecemento do empoderamento de mulleres indíxenas na súa vida en Bolivia; e Solidaridade Internacional de Galicia, que impulsou medios de vida resilientes para as mulleres no Salvador.

 

Esta liña de axudas compleméntase co convenio que a Deputación de Pontevedra asina de xeito anual coa Coordinadora Galega de ONG para levar a cabo accións de sensibilización na provincia. Do mesmo xeito, está en liña coa participación activa da institución provincial no Fondo Galego de Cooperación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.