Vigo
Aprobadas as bases de participación do concurso “Vente cos Reis Magos”
Deste xeito o goberno municipal ofrece ás nenas e nenos da cidade a posibilidade de participar activamente na cabalgata dos Reis Magos, o 5 de xaneiro. A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a adquisición da parcela de Enrique Lorenzo nº 54, onde se construirá a Biblioteca Municipal de Teis.
O alcalde deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local do venres, entre os que se atopababa a aprobación do concurso “Vente cos Reis Magos”, no que seleccionará mediante sorteo a 40 mozos e mozas que acompañarán ás súas maxestades ao longo da cabalgata.
O período de inscrición será do 9 ao 16 de decembro de 2022, podendo inscribirse os nenos e nenas nacidos entre ou 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2014. O documento de solicitude pódese obter por dúas vías: en liña, descargándoa da páxina web municipal (www.vigo.org) ou a través dos exemplares destas solicitudes que se repartirán entre os centros cívicos, colexios e asociacións culturais de Vigo.
Unha vez cumplimentadas, as solicitudes deberanse depositar nas caixas de correos do Carteiro Real que se instalarán na entrada á lonxa do Concello e nos centros cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saians. Só se aceptará unha solicitude por nena ou nena, eliminando aqueles que presenten máis dunha.
O sorteo realizarase o día 22 de decembro ás 12:00h no Auditorio Municipal, “decidindo así quenes serán os nenos e nenas que conformarán o séquito que acompañarán os Reis Magos”, como sinalou o rexedor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235