Galicia
Rueda tende a man aos galegos do exterior
O presidente da Xunta interveu na cea do 64 aniversario do Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo (O Uruguai)
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tendeu a man aos galegos do exterior para atender as súas necesidades e ofrecer oportunidades para incentivar o seu retorno.
O titular do Goberno galego participou na cea do 64 aniversario do Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo, un acto no que tamén estivo presente a vicepresidenta do Uruguay, Beatriz Argimón, e o alcalde do municipio C de Montevideo, Jorge Cabrera. Rueda gabou a “galeguidade” das máis de 40.000 persoas residentes no Uruguai e, neste sentido, valorou como “exemplo de entidade” ao Centro Pontevedrés no seu labor como sede para manter viva a cultura e as tradicións galegas do outro lado do Atlántico.
O presidente amosou o compromiso da Xunta cos galegos no exterior que queiran beneficiarse de oportunidades empresariais ou de bolsas para que poidan retornar e cursar un máster ou un ciclo de Formación Profesional en Galicia.
Entre as responsabilidades do Executivo autonómico, sinalou Alfonso Rueda, está a de “corresponder o moito que fixestes por Galicia” desde a distancia ao longo dos anos. “É o momento de abrir aínda máis as nosas portas. Non hai maior homenaxe aos galegos que fixeron a súa vida fóra que poñer á súa disposición todo o noso apoio”, concluíu.
Benestar dos galegos no Uruguai
Logo de dúas xornadas na Arxentina nas que formou parte de encontros con representantes de sociedades galegas e institucións de América do Sur, o presidente da Xunta desprazouse ata a capital do Uruguai.
Durante este primeiro día en Montevideo asistiu a unha reunión coa Asociación Española de Socorros Mutuos, un acto no que aproveitou para agradecer a súa colaboración e o seu papel como “institución histórica e piar do benestar dos galegos no Uruguai”.
De xeito especial, Rueda referiuse ao acordo que alcanzou este sociedade co Hogar Español para facerse cargo da xestión da institución. Deste xeito, a Asociación Española de Socorros Mutuos encárgase de “prestar uns coidados especializados vitais aos maiores aquí residentes, moitos deles galegos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217