Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 22 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

COGAMI Pontevedra recibe un donativo de CaixaBank de Mos

O donativo será investido en servizos e programas que faciliten a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade na provincia de Pontevedra

O presidente da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da provincia de Pontevedra (COGAMI Pontevedra), Ángel Holguera, recibiu un donativo da man do director de CaixaBank de Mos, Francisco Javier Escáneo, para investir no proxecto de Atención Integral a Persoas con Discapacidade na provincia de Pontevedra.


Cun importe de 5.000 euros, este orzamento vai ser investido en servizos de rehabilitación da linguaxe, onde se realizan intervencións individualizadas presenciais en entidades e domicilios de persoas usuarias e tamén intervencións online a través de conexións de videochamadas con persoas usuarias do servizo.


Outros servizos que presta a Federación COGAMI Pontevedra a través do proxecto de Atención Integral son o de informar e asesorar a persoas con discapacidade e familias,  realizar sensibilización social e intervención individualizada, así como ofrecer apoio para a xestión e acceso a subvencións públicas que posibiliten a súa autonomía a aquelas entidades membro con poucos recursos e sen persoal especializado.


A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Física de Pontevedra constitúese legalmente o 3 de marzo de 1989. Actualmente está conformada por 17 asociacións membro de persoas con discapacidade e conta con 3.200 persoas beneficiarias dos servizos que presta este movemento asociativo en toda a provincia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.