Domingo, 03 de Mayo de 2026

Actualizada Sábado, 02 de Mayo de 2026 a las 09:55:45 horas

Xornal21.es
Miércoles, 19 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra “dalle vida” ao comercio para promocionar a calidade e confianza

A nova campaña está enmarcada dentro das actividades dos proxectos “Commerce Inside” e “Da túa man” que a Administración provincial está desenvolvendo para favorecer o comercio local e abordar os retos dixitais

“O comercio local da túa man. Dalle vida” é o lema baixo o que a Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova campaña de promoción e difusión para a achegar ás e aos cidadáns da provincia ao comercio de proximidade e concienciar sobre a importancia de mercar nos establecementos locais. Con ela búscase promocionar a calidade, proximidade e confianza do mercado de proximidade e animar á cidadanía a facer as súas compras en tendas e mercados municipais. Desta maneira, a intención é reforzar a importancia de consumir produtos de tempada de produtores e produtoras locais. Ademais, lembra aos e ás habitantes da provincia que mercar no comercio local é un xesto sostible, xa que ao ser produtos de proximidade conséguese reducir a contaminación que supón o seu transporte.

 

Esta nova iniciativa de promoción enmárcase nos proxectos “Commerce Inside” e “Da túa man”, que a Administración provincial puxo en marcha no 2021 coa intención de favorecer a creación, desenvolvemento e consolidación de negocios do sector do comercio polo miúdo na provincia, así como axudarlles a abordar os novos retos competitivos trala pandemia pola covid-19. Estes dous programas contan cun orzamento total de algo máis de 2,1 millóns de euros, dos que o 70% está financiado con fondos europeos Next Generation e o 30% restante a partes iguais entre Deputación e os 21 concellos beneficiarios. En concreto, “Commerce Inside” está dirixido a concellos turísticos, con melloras e actuacións en Baiona, A Guarda, Bueu, Tui, Soutomaior, Caldas, Nigrán, Sanxenxo, Cambados e O Grove. En concreto, busca impulsar a transformación dixital do comercio local dotándoo de ferramentas estratéxicas para enfrontar os retos de futuro vencellados á actividade turística.

 

Por outra banda, as actuacións do proxecto “Da túa man” buscan apoiar mercadas, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de comercialización nos concellos da Cañiza, Gondomar, Moaña, Meaño, Ponte Caldelas, O Rosal, Silleda, Salceda de Caselas, Tomiño, Poio e Ribadumia. Neste caso, a iniciativa busca proporcionar os cambios necesarios para reactivar o comercio da man, tanto de comerciantes, poñendo en marcha medidas para modernizar a iniciar a transformación dixital dos seus negocios, como da cidadanía, que é preciso xogue un papel protagonista no impulso dunha actividade tan esencial como é a do comercio.

 

Actuacións previstas
Entre as actuacións que se levarán ao cabo ao abeiro das dúas iniciativas contémplanse inversións na vía pública como a instalación de tótems informativos interactivos para turistas e residentes, creación de zonas axardinadas de descanso ou o deseño e implantación de sinaléctica corporativa; na transformación dixital do sector comercial, mediante a creación dunha plataforma de xestión de áreas comerciais, o desenvolvemento dun portal web e aplicación móbil, ou desenvolvemento dunha plataforma de Big Data para obter información de tendencias do consumo municipal, entre outras. Ademais, promocionaranse novos deseños de packaging para o comercio de proximidade como alternativa sostible e reutilizable ás de plásticos ou papel e se instalarán illas ecolóxicas para o depósito de biorresiduos e cartón.

 

Por outra banda, nos concellos nos que se está poñendo en marcha “Commerce Inside” haberá actuacións específicas como o despregue de puntos WIFI en zonas comerciais e o desenvolvemento de cursos de idiomas (inglés, francés e portugués) para comerciantes, mentres que naqueles que forman parte de “Da túa man” se buscará a transformación do punto de venda coa instalación e subministro de puntos de recollida intelixentes smart lockers para facilitar os procesos de compra no comercio de proximidade e a posta en marcha dun sistema de recollida de pedidos de forma colaborativa. Ademais, deseñaranse accións de sensibilización e formación, como a de competencias dixitais para comerciantes, a de habilidades dixitais para consumidores vulnerables ou o curso de deseño de novos packaging sostibles.

 

“Da túa man” e “Commerce Inside” xorden dentro do longo percorrido que a Deputación leva realizando para mellorar a competitividade do tecido comercial da provincia, con campañas como “Agora, máis que nunca, non perdas a oportunidade”, “Comercio local aquí e agora” ou “Pontevedra provincia na túa cesta”, entre outras accións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.