GALICIA
A Xunta aumenta o fondo de cooperación local adicional nun 135%
O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e mais o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, mantiveron esta semana un encontro con representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias
A Xunta aumentará nun 135% o Fondo de Cooperación Local (FCL) adicional ao pasar de 12,9 a case 30,5M€. Así llo trasladaron o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, aos representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) no marco da subcomisión permanente do réxime económico e financeiro da Comisión de Cooperación Local.
Deste xeito, a cantidade total asignada ao Fondo de Cooperación Local, entre o fondo base e o adicional, ascende a case 143,5M€, un 14% máis que no ano anterior, con 17,4M€ adicionais.
Ademais, no encontro de hoxe, no que tamén participaron as directoras xerais de Administración Local, Natalia Prieto, e de Planificación e Orzamentos, Almudena Chacón, informouse de que en 2023 se liquidará o rendemento efectivo do FCL de 2021, cun importe estimado de 5,49M€.
Por outra banda, á cantidade total asignada ao Fondo de Cooperación Local hai que sumar outras liñas de axudas e subvencións das distintas consellerías, así como a dotación correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental, que en 2023 manterá os 11M€ de orzamento.
Cómpre sinalar que Galicia foi unha comunidade pioneira en establecer un instrumento de financiamento estable das entidades locais, con FCL. Regulado anualmente a través das leis de orzamentos da comunidade, establece un modelo de participación estable das entidades locais nos tributos autonómicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217