GALICIA
Rueda participa na presentación oficial dos selos do Xacobeo 21-22 en Uruguai
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Montevideo no acto de presentación oficial dun cuño e de dous selos do Xacobeo 21-22 e doutro cuño en conmemoración da súa visita ao Uruguai. No evento estiveron presentes os ministros uruguaios de Gandería, Agricultura e Pesca, Fernando Mattos, e o de Turismo, Tabaré Vieira.
Alfonso Rueda destacou o papel clave da Administración Nacional de Correos para manter en contacto aos galegos a ambos lados do Atlántico e contribuír á conservación das súas raíces a milleiros de quilómetros de distancia.
Os dous selos do Xacobeo contan cunha imaxe da mouteira do Camiño de Santiago situada na Praza de Galicia de Montevideo, mentres que o cuño dispón dunha forma de vieira combinada coa flor nacional do Uruguai. Os servizos postais do país mantéñenos en circulación desde finais do 2021.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217