PONTEAREAS
Preacordo de convenio dos servizos de recollida de lixo en Ponteareas
A mediación da Alcaldía nas reunións mantidas ao longo do pasado mes foi fundamental para desbloquear a situación e desconvocar a folga
A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, xunto con representantes da empresa FCC Medio Ambiente e dos e das traballadoras asinaron este luns un preacordo para a firma de convenio colectivo dos servizos de recollida e transporte dos residuos sólidos urbanos, da xestión do punto limpo municipal e da limpeza da vía pública en Ponteareas.
Tras a convocatoria de folga xeral por parte dos representantes sindicais, a mediación feita dende a Alcaldía do Concello de Ponteareas foi fundamental para desbloquear a situación e chegar a consenso e a un principio de acordo despois de varias reunións mantidas con todas as partes ao longo do último mes.
Coa sinatura deste preacordo dáse un paso adiante na estabilización deste servizo e na redacción definitiva do novo convenio que permita mellorar as condicións laborais e salariais do persoal antes de que remate o actual o vindeiro 31 de decembro e que terá unha vixencia de catro anos. O novo convenio contemplará un incremento salarial cun horizonte do 12% e a incorporación dunha cuarta paga no último ano de convenio, así como melloras sociais como dous descansos máis ao mes, entre outras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49