Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 22 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Xunta emprega a 20 persoas no obradoiro “Rehabilita Salceda”

O CDL do Torrón acolle o obradoiro dual de emprego “Rehabilita Salceda” que formará e empregará a 20 persoas que traballarán reformando e rehabilitando a casa do mestre anexa a aula de San Xurxo, o tellado da aula de Picoña, ambas pertencentes ao CRA Raiña Aragonta, e no acondicionando dun espazo municipal para o almacenamento selectivo de refugallos.

 

O alumnado-traballador seleccionouse a través de oferta presentada no Servizo Público de Emprego de Galicia da Xunta, e tras superar as probas dun tribunal avaliador segundo as bases aprobadas, e será empregado a través dun contrato de formación e aprendizaxe.

 

Para levar a cabo o proxecto contratouse persoal directivo, docente e de apoio, que xestionará e executará o proxecto dende o propio CDL O Torrón en Salceda a parte formativa. Esta complementarase coa alternancia de traballo e práctica profesional no concello de Salceda, para así recibir unha formación profesional adecuada á ocupación elixida.

 

Marta Mariño Xefa Territorial de Emprego e Igualdade de Vigo explica que dende a Xunta de Galicia sempre se apostará polos obradoiros de emprego como ferramentas para combinar de forma axeitada a formación teórica e a práctica e obter bos resultados para mellorar a capacidade de inserción laboral do alumnado-traballador participante.

 

Verónica Tourón alcaldesa e concelleira de emprego e formación sinala que “Para o concello é importante porque o seu traballo redundará no benestar da veciñanza de Salceda”.


 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.