Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 20 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos avanza para completar o saneamento no municipio

Iniciadas as obras na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Mos, que prevese estean finalizadas de cara a finais de novembro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron onte de que esta semana comezaron as obras de acometida da rede de saneamento na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Mos e que se financian con fondos propios municipais.


O Concello de Mos dá os últimos pasos para completar xa totalmente a rede de saneamento no municipio, e acomete a instalación de saneamento na N-550, tramos 5, 6 e 7, na parroquia de Mos, que se prevé quede rematada a finais do vindeiro mes de novembro.


Orzamento
O Concello de Mos financia con fondos propios municipais as obras necesarias para realizar a rede de saneamento nos tramos da N-550 (tramos 5, 6 e 7) na parroquia de Mos, cun investimento de 72.124 euros.


Con este proxecto darase servizo a 51 habitantes e 17 vivendas. Trátanse dos ramos 5, 6 y 7 (N-550) (parroquia de Mos). As obras consisten na canalización das diferentes tubarías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos e reposicións.


No Tramo 5 instalaranse 215,85 metros de saneamento, no Tramo 6: 71,00 metros e no Tramo 7: 258,28 metros. Un total de 545,13 metros de acometida.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.