GALICIA
A Xunta mantén a declaración de seca prolongada en toda a demarcación Galicia-Costa
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, presidiu onte unha nova reunión da Oficina Técnica da Seca
A Oficina Técnica da Seca acordou, na reunión celebrada onte, manter a declaración de seca prolongada en toda a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, pero con perspectivas optimistas para reverter a situación nas vindeiras semanas.
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, presidiu hoxe unha nova xuntanza da Oficina Técnica da Seca, na que participaron tamén representantes dos departamentos de Protección Civil, Meteogalicia e da Consellería do Medio Rural.
O índice das precipitación globais en Galicia durante a primeira quincena de outubro foron escasas, situación que mudou de xeito brusco nos últimos días, desde o pasado sábado, coa chegada dunha borrasca moi activa que durará toda esta semana.
Deste xeito, e de acordo con todas as predicións meteorolóxicas, ábrese o camiño á chegada de novas borrascas similares nas próximas semanas, polo que as previsións fan esperar importantes achegas de auga no ámbito da demarcación Galicia-Costa. Estas previsións e, á espera de que novembro poida ser un mes normal en canto a precipitacións, suporá un cambio de tendencia que permitirá reverter a situación.
Segundo os parámetros analizados hoxe na Oficina, as choivas rexistradas nestes últimos días están tendo reflexo nos caudais circulantes dos ríos que están a experimentar picos de caudal importantes. Dado que esta é a primeira borrasca importante, haberá que dar un tempo para realizar unha avaliación máis ampla da incidencia no sistema fluvial da Demarcación e poder confirmar unha consolidación do aumento dos caudais dos ríos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217