MONDARIZ
A Xunta autoriza o cambio de titularidade de distintos treitos de estradas autonómicas en Mondariz
Transfírense varios treitos antigos das estradas PO-254 e PO-262, o treito inicial da PO-261 e as sendas nas vías PO-262 e PO-431 na súa totalidade, xunto coa súa franxa de dominio público viario
O Consello da Xunta autorizou hoxe o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Mondariz de distintos treitos de estradas autonómicas e de sendas peonís ao paso polo municipio.
Concretamente, transfírese a titularidade de varios treitos antigos das estradas PO-254 e PO-262, do treito inicial da estrada PO-261 e dunhas sendas peonís nas vías PO-262 e PO-431 na súa totalidade, xunto coa súa franxa de dominio público viario.
Neste acordo inclúese, ademais, a transferencia do dominio público viario, a excepción da calzada e das beiravías, do treito final da PO-262.
A transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.
Co cambio de titularidade aprobado hoxe polo Consello da Xunta, o Concello de Mondariz terá a competencia para actuar nestes treitos e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
O decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129