Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 13:43:39 horas

Xornal21.es
Sábado, 29 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O PP denuncia que Tomiño está "a dúas velas"

"Os cortes de luz nas parroquias son cada vez máis frecuentes xa que o goberno do BNG tomou a decisión de aforrar cartos dándolle para abaixo o interruptor do alumeado público. Nestes momentos están alternando os cortes por zonas, de xeito que acenderán unha noite en Amorín, outra en Barrantes, outra en Goián..." segundo denuncian dende o PP local.


"A administración local debería ter a capacidade de previr situacións excepcionais mediante unha xestión prudente e sensata dos cartos dos veciños, pero en Tomiño non é así. Queren converter un ben de primeira necesidade como é a luz nun privilexio, e isto vai máis aló do custo actual da enerxía" engaden.


"Malgastar os cartos sen sentido en obras inxustificadas ao longo dos anos de mandato ten consecuencias perniciosas e agora tócanos pagar o pato aos de sempre. O goberno local está a aproveitar a situación actual como escusa da súa incompetencia xestora durante os 15 anos de mandato e en 2023 terá consecuencias reflectidas nas urnas" engaden os populares.

 


Desde que se impuxo esta medida xa aumentaron as denuncias por roubos e consta que están entrando en vivendas do barrio do Carregal de Arriba, na parroquia de Amorín.


Dende o Partido Popular instan "á alcaldesa Sandra González a reverter esta situación que cualificamos de insostible e tomaremos medidas legais se estas decisións seguen tendo prexuízos directos para os nosos veciños".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.