Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 29 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Concerto de outono para celebrar o aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal

Actuarán no auditorio municipal este domingo 30 de outubro ás 17.30 horas. Entrada de balde

[Img #78342]Fin de semana musical no Rosal. A Coral da Agrupación Musical do Rosal celebrará este domingo o seu 18 aniversario cun Concerto de Outono no auditorio municipal ao que convidan a asistir a toda a veciñanza.


Unha actuación ás 17.30 horas á que se poderá acceder de forma gratuíta e libre ata completar aforo na que o público poderá desfrutar dunhas voces únicas. Neste concerto de aniversario, a Coral da Agrupación Musical do Rosal estará acompañada pola Coral Airiños de Nós de Oleiros e pola Coral Polifónica de Vila Nova de Cerveira.


A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, anima a todos os rosaleiros e rosaleiras “a gozar dunha tarde de lecer para toda a familia escoitando música de calidade e de balde ao abeiro dun programa cultural preparado para estes meses de outubro e novembro con todo o agarimo e no que se inclúen actividades para todos os públicos e para todos os gustos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.