SALCEDA DE CASELAS
O PSdeG de Salceda presenta as emendas aos orzamentos da Xunta
O PSdeG de Salceda presentou, xunto coa parlamentaria Paloma Castro Rey, que se achegou esta semana ata o concello de Salceda, as súas emendas aos Orzamentos da Xunta de Galicia do exercicio 2023. Un ano máis a percepción da agrupación socialista e da súa secretaria xeral e alcaldesa Verónica Tourón é que Salceda, a pesar de que hai unha partida orzamentaria para o IES Pedras Rubias, continúa tendo necesidades moi amplas que non son recollidas nos orzamentos autonómicos.
Verónica Tourón secretaria xeral sinalou que “é importante sinalar con detalle aquelas carencias dos orzamentos que provocan a falla de investimentos esenciais por parte da Xunta de Galicia en Salceda de Caselas, e materializalas en emendas para que poidan ser tidas en conta e mellorar así a calidade de vida da veciñanza.”
Paloma Castro parlamentaria do PSdeG indicaba que “é de vital importancia que as nosas agrupacións locais realicen un exercicio de control dos orzamentos autonómicos para reclamar a través das emendas que a Xunta de Galicia atenda ás demandas de investimento máis importantes nos seus respectivos concellos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11