VIGO
O Concello inviste 274.000 euros na humanización da rúa Tercio de Afora
Abel Caballero participou a semana pasasdda no acto simbólico de colocación da primeira pedra das obras que supoñerán o cambio desta vía que, segundo explicou, se atopa en “estado lamentable” e que incrementará o ancho e gañará beirarrúas
O alcalde deu conta do investimento que supoñerá a humanización “como corresponde” de Tercio de Afora: 274.000 euros para mellorar esta rúa que conecta Urzáiz con Escultor Gregorio Fernández e que se atopa nun “estado lamentable”.
As obras inclúen a construción de beirarrúas de granito, a instalación de 11 luminarias, a renovación das redes de abastecemento, de saneamento, unha rede de pluviais unitaria xa que “hai un número importante de roturas das redes nesa zona”, unha nova canalización de telecomunicación e de electricidade soterrada. Amais plantaranse 6 árbores e instalaranse xardineiras.
Tal e com apuntou, a rúa quedará máis ancha e para conseguir aumentar a vía o goberno municipal aprobou convenios de cesión dos terreos afectados con 13 propietarios das 5 parcelas afectadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8