VIGO
Aprobada unha nova rampla mecánica entre Ramón Nieto e a contorna do Colexio Losada
Son acordos acadados pola Xunta de Goberno Local para iniciar novos elementos do Vigo Vertical e humanizacións
O Concello de Vigo ven de anunciar a aprobación do proxecto de rampla mecánica que conectará a contorna do Colexio Losada e rúa Ramón Nieto. Conta cun prazo de execución de 9 meses e un importe destinado de 2.305.531€. Como sinalou Caballero “ten un desnivel tremendo, polo que a rampla permitirá salvar ese desnivel terrorífico”.
O proxecto contempla tres ramplas mecánicas cunha lonxitude total de 98 metros para salvar unha diferenza de cota de 18 metros, sobre a rampla levará unha estrutura de cubrición formada por pórticos metálicos e vidro laminado.
Rampla mecánica de rúa de Aragón
Abel Caballero tamén deu conta da licitación das obras da rampla mecánica de rúa de Aragón entre o nº 209 e nº 178. Esta rampla completará a conexión vertical entre Travesía de Vigo e Aragón. Conta cun importe de 879.382€ e ten un prazo estimado de execución de 8 meses.
Entre as actuacións que complementan este proxecto, contemplase o soterramento das infraestruturas de servizos urbanos; a renovación íntegra das redes de abastecemento e saneamento, rede separativa de fecais e pluviais; a nova iluminación pública e a reposición do mobiliario urbano desprazado, asegurando unha área de descanso na praza no itinerario entre a costa e o ascensor.
O alcalde recordou que a maiores, o Concello xa a licitación das obras do ascensor entre Travesía de Vigo nº160 e Aragón nº209, “que conectará coa rampla”. Asentada xunto á Praza de Santo Cura de Ars, que salvará unha pendente de 9,6 metros e que contará cunha capacidade para 13 persoas. Este proxecto, que arrincará a obra no último trimestre do ano, conta cun presuposto de 721.190 euros, elevando o total da inversión na contorna ata o 1.600.000 euros.
Humanización das rúas Marqués de Valladares e Coruña
Na rolda de prensa tamén se informou da humanización de Marqués de Valladares, na que o Concello modificará o adoquín por aglomerado pulido por un importe de 214.109€. Como sinalou o rexedor “xa realizamos unha metade e agora imos ca segunda”, engadindo que “con esta mellora liquidamos o problema que herdamos de gobernos anteriores”. Tamén en rúa de A Coruña se inverterán 514.343€ na súa humanización.
Subvencións para o realizadas por empresas no Auditorio Mar de Vigo
Por último, na Xunta de Goberno Local deste xoves, resolveuse a convocatoria para a concesión de subvencións para o financiamento de actividades socioculturais realizadas por empresas no Auditorio Mar de Vigo. Adícanse 428.525€, que teñen como obxectivo subvencionar ao redor de 47 eventos culturais “entre os que se atopan actuacións do Terraceo ou Les Luthiers”, como sinalou Caballero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8