Jueves, 11 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 28 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG asegura que "Alejandro Lorenzo négase a comparecer no Pleno"

No pleno do mes de setembro aprobouse, a instancias do BNG, unha solicitude de comparecencia do Alcalde para dar na seguinte sesión plenaria información sobre asuntos de especial relevancia para O Porriño, tanto en materia económica como relativos a inversións ou infraestruturas.

 

"Pasado o pleno de outubro sen comparecer, o Alcalde volve incumprir un acordo maioritario da corporación. Desde o BNG denunciamos esta actitude antidemocrática que amosa o verdadeiro talante dun Alcalde que non está cómodo no debate político e se escuda detrás dunha constante campaña de propaganda para ocultar a súa deficiente xestión" explican os nacionalistas..

 

"O Porriño precisa unha Alcaldía que respecte os acordos e goberne para todas e todos. Limitarse a xestionar o día a día, programar festas e sacarse fotos non chega. Alejandro Lorenzo non está a afrontar con responsabilidade os grandes retos que temos como pobo" sinalan .

 

 

Auditoría e cese da interventora municipal 

 

"Alejandro Lorenzo anunciou ao entrar como Alcalde unha auditoría de contratos e facturación dos exercicios anteriores. Argumentaba, xunto con EU-SON, unha xestión irregular e que o Concello estaba na ruína. Dez meses despois nada sabemos da auditoría e vén de cesar á interventora municipal sen dar explicacións ao respecto. Lorenzo non quere un servizo de intervención que emita informes independentes e non se someta ao poder político. Desde o BNG temos a certeza de que as dúas cuestións están ligadas. A situación económica real do Concello, con todo o mellorable que debeu ser a xestión desta área por parte do PSOE, non era a desfeita que se pregoaba, como proban os case 5 millóns de euros gastados polo PP con cargo ao remanente positivo de tesourería nos 10 meses que leva gobernando" explican. 

 

Orzamentos

A finais do mes de xullo o goberno local presentou unha proposta de orzamentos para o exercicio 2022 que non saíu aprobada "debido ao escaso interese do PP e á súa nula capacidade de negociación" sinalan dende o BNG. "A proposta incluía un crédito de 9 millóns de euros que endebedaba ao Concello a medio prazo e pretendía ser un cheque en branco para que o Alcalde gastase sen control. A día de hoxe a Corporación descoñece se o goberno vai presentar unha nova proposta ou se está a traballar nas contas do 2023" indican.

 

Villa Florida

Os nacionalistas sinalan ademáis que "Alejandro Lorenzo comprometeuse, unha vez aprobada unha moción presentada polo BNG, a realizar xestións coa familia propietaria do inmoble en venda para valorar a opción de compra por parte do Concello. A día de hoxe nada se sabe do resultado de ditas conversas e o Alcalde non informou aos grupos políticos das mesmas. A iniciativa presentada polo Bloque contempla que a histórica edificación teña un uso cultural e que os xardíns se abran á veciñanza do Porriño".

 

Reunión con ADIF

Por outra banda o BNG critica que "tamén se comprometeu a solicitar unha reunión con ADIF, na que participaríamos os grupos da corporación, para coñecermos de primeira man a proposta da administración central no tocante á supresión do paso a nivel. Nada sabemos dunha reunión fundamental para esixirmos como pobo un proxecto ambicioso que mellore a calidade de vida das persoas e non hipoteque O Porriño do futuro".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.