Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 29 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

AEMOS inaugura unha oficina de dixitalización

A alcaldesa mosense asistiu esta semana á Xornada Inaugural da Oficina Acelera PEME Rural de AEMOS no Viveiro de Empresas do Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asistiu esta semana á Xornada Inaugural da Oficina Acelera Peme - OAP Rural de AEMOS, que ten como OBXECTIVO construír unha rede de apoio ás PEMES da provincia de Pontevedra interesadas en dixtalizar o seu negocio, durante o seu proceso de dixitalización. A Asociación de Empresarios de Mos dará cobertura á 120 empresas da provincia neste procedemento.

 

A rexedora local mosense estivo acompañada durante a xornada inaugural da oficina polo Presidente AEMOS, D. Manuel Castro Álvarez, membros da Xunta Directiva de AEMOS, o Xerente AEMOS, D. Francisco Domínguez, o Presidente ASETRANSPO, D. Ramón Alonso, a Presidenta APROEMA, Dª Arancha Mañas, o Presidente APE Galicia, D. José Caldas, e o Secretario FEGAPE, D. David Sobral.

 

AEMOS figura entre as entidades seleccionadas por parte de RED.ES para continuar co proceso de creación da Rede de Oficinas Acelera Peme por todo o territorio nacional.


A Oficina Acelera Peme Rural AEMOS busca converterse nun espazo físico e virtual no que se realizan labores de sensibilización e apoio ás empresas españolas (incluídas as de nova creación): especialmente ás pequenas e medianas empresas, autónomos e emprendedores, sobre as vantaxes e metodoloxías innovadoras para optimizar o funcionamento dos seus negocios, mediante a incorporación das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) nos seus procesos, de modo que se favoreza a demanda de tecnoloxías innovadoras que contribúan á mellora da súa produtividade.


Por todo elo Arévalo agradeceu enormemente o gran labor realizado pola Asociación de Empresarios mosense: “grazas AEMOS por apostar pola xeración, difusión e posta en valor de contidos asociados á adopción de tecnoloxías e procesos; polas actuacións de sensibilización e apoio ás pemes sobre metodoloxías e tecnoloxías innovadoras favorecendo a súa incorporación nos seus procesos produtivos e de xestión; e as actuacións de asesoramento e soporte nas áreas principais de transformación dixital co ánimo de que o maior número de pemes coñeza o seu servizo. Aposta decidida grazas á que Mos revélase como peza clave neste proceso de dixitalización. Por iso, de novo, grazas AEMOS”, dixo na súa intervención de clausura do acto.


Durante a xornada celebrada hoxe no Viveiro de Empresas de AEMOS no Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña informouse tamén de que durante este mes de Outubro e o vindeiro Novembro AEMOS levará a cabo Xornadas de Presentación e posta en marcha do servizo, en diversos puntos da provincia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.