Sábado, 02 de Mayo de 2026

Actualizada Sábado, 02 de Mayo de 2026 a las 09:55:45 horas

Xornal21.es
Sábado, 29 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Tiro de saída ao novidoso programa “DepoCrea”

Carmela Silva: “Trátase dun auténtico laboratorio creativo, dunha convivencia máis alá da creación, onde as e os artistas interactuarán entre si e coa contorna”

O novidoso programa “DepoCrea”, no que están a participar as/os artistas Carla Andrade, Pablo Barreiro, Macarena Montesinos, Diego Vites, Yolanda Ríos e Olmo Blanco compartindo residencia creativa ata o 11 de novembro botou a andar no Náutico de San Vicente do Grove coa presencia da presidenta Carmela Silva.  A iniciativa, que lanza por vez primeira a Deputación de Pontevedra, ten por obxectivo promover espazos diferenciais para a creación contemporánea nunha contorna única, apostando polo sostible e onde natureza, cultura e cidadanía se mesturan en perfecta simbiose.  As creadoras e creadores traballarán durante 15 días nuns proxectos que se darán a coñecer o o 12 de novembro e que terán en común un marcado carácter multidisciplinar, que vai dende a fotografía á instalación, pasando pola composición musical, o cinema ou a pintura.

 

“Trátase dun auténtico laboratorio creativo, unha convivencia máis alá da creación, onde as e os artistas van interactuar entre si e coa contorna máis inmediata e que nos convirte, unha vez máis, nunha Administración de referencia en Galicia neste tipo de actividades” asegurou a presidenta da Deputación. Carmela Silva detallou que as e os artistas contan cunha ampla traxectoria profesional, con premios e bolsas de residencia, e desenvolverán proxectos que parten dunha ampla investigación previa do territorio que agora se enriquecerá cun proceso de interrelación.

 

 

 

 

Desenvolveranse proxectos multidisciplinares, que abranguen dende a fotografía á instalación, pasando pola composición musical, o cinema e a pintura

 

 

 

 

Carla Andrade (Vigo, 1983), desenvolverá un proxecto de fotografía expandida; Pablo Barreiro (Meaño, 1982), aposta por unha iniciativa de escultura-instalación; Macarena Montesinos (Vigo, 1982), por un proxecto de pintura, escultura, fotografía, cine e arte de acción; Diego Vites (Pontevedra, 1986) traballará con pintura, animación e deseño; Yolanda Ríos (Moaña, 1979), cunha iniciativa de arte sonora e audiovisual; e Olmo Blanco (Boiro, 1982), con escultura e instalación. Elas e eles foron escollidos por unanimidade por un xurado de entre 33 candidaturas de toda España, amais dalgunhas de Portugal, México e Grecia que están residindo actualmente en Galicia.  

 

Con “DepoCrea” a Deputación de Pontevedra reafirma o seu apoio á produción contemporánea, situando á cultura como unha ferramenta de inclusión e participación cidadá, ademais de remarcar a sustentabilidade e igualdade como valores fundamentais. A residencia artística comezará co proceso de creación, no que haberá visitas do público mentres o grupo de artistas vai desenvolvendo de forma conxunta os seus proxectos, nun formato de portas abertas. Nunha segunda etapa as e os artista poden precisar da participación do público e/ou de colectivos locais concretos. Durante o proceso, tamén terán lugar visitas de profesionais do sector, que impartirán conferencias e charlas para aportarlles ás creadoras e creadores participantes asesoramento e experiencias, alén de compartir con elas/eles os seus proxectos en pleno proceso.  Asemade, terá lugar unha xornada de divulgación, trala primeira semana do proceso de creación, na que cada artista falará sobre o traballo que está a desenvolver e a súa traxectoria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.