GALICIA
Os concellos terán que fixar os servizos mínimos ante a folga no Servizo de Axuda no Fogar
A Lei de Servizos Sociais de Galicia establece que as Administracións locais son as competentes na creación, xestión e mantemento do SAF
A Xunta de Galicia non está facultada para ditar os servizos mínimos que deben ser prestados durante a folga indefinida convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) no Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A Lei de Servizos Sociais de Galicia establece que son os Concellos os competentes na creación, xestión e mantemento dos servizos sociais comunitarios básicos, entre os que se atopa o SAF
Os Concellos, como entidades prestadoras deste servizo de forma directa ou a través dunha adxudicación, teñen capacidade para determinar o orzamento deste e as condicións laborais nas que se presta, así como para concretar os servizos mínimos
Así pois, son os Concellos en calidade de entidades prestadoras do SAF —ben sexa de forma directa ou a través dos correspondentes contratos de adxudicación do servizo— os que teñen capacidade para determinar o orzamento deste, as condicións laborais nas cales se vai prestar e tamén de ser os coñecedores das circunstancias concretas e necesidades dos seus beneficiarios. En consecuencia, tamén corresponde aos Concellos determinar os servizos mínimos.
O papel da Administración autonómica no que atinxe ao SAF é o de participar no seu financiamento, cubrindo aproximadamente o 70% do seu custe. O resto corre a cargo dos Concellos e, nunha pequena porcentaxe, dos usuarios do servizo. A Xunta respecta a autonomía das partes na negociación e confía en que poidan chegar a acordos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104