Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 31 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

O Samaín máis ‘conciliador’ celebrouse hoxe en Mos

A conciliación da vida familiar e laboral dos e das mosenses era o obxectivo da festa lúdico didáctica de Samaín que o Concello organizou hoxe no CEIP de Petelos e na que participaron 82 cativos

82 cativos de entre 3 e 12 anos de idade participaron hoxe nas instalacións do CEIP de Petelos nunha actividade de conciliación da vida familiar e laboral organizada pola concellería de Política Social e Igualdade, Cultura, e Participación Cidadá do Concello de Mos. A iniciativa foi todo un éxito, visto o elevado número de participantes acadado.

 

Tendo en conta que hoxe non foi día lectivo nas escolas de Mos, organizouse unha Festa de Samaín no Colexio de Petelos, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar nesta xornada e aproveitar para dar a coñecer as nosas tradicións.

 

Os nenos e nenas participantes puideron asistir disfrazados a esta actividade municipal que se prolongou desde as 08.30 horas da mañá ata as 14.30 horas.

 

Tratouse dunha iniciativa lúdica e didáctica na que os cativos puideron gozar de diversas e divertidas actividades que foron desde xogos ata obradoiros de decoración de cabazas, de maquillaxe de medo… e un espectáculo de maxia.

 

A concelleira de Política Social e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, destacou a súa satisfacción pola “boa acollida desta actividade” e insistiu na “importancia da conciliación, coa que desde o Concello de Mos estamos absolutamente implicados e volcados, por iso continuaremos a promover iniciativas como esta, máxime cando comprobamos os bos resultados que dan e o gran nivel de aceptación e satisfacción que acadan entre as familias mosenses”, concluíu a edil Sara Cebreiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.