VIGO
Vigo inicia a montaxe dos elementos decorativos e luminosos do Nadal
Esta semana dan comezo os traballos de instalación da Bóla de Nadal en Urzáiz e da Caixa de regalo da Gran Vía, que finalizarán esta semana.
Este luns comezaban os traballos de montaxe dos elementos decorativos e luminosos do Nadal de Vigo, cuxa iluminación se acende o vindeiro 19 de novembro, previsiblemente ás 20:30 horas do serán.
“Imos ter o mellor Nadal que houbo nunca; imos ter unha afluencia excepcional de xente porque hai unha enorme expectativa co Nadal de Vigo, que xa se confirmou como de ámbito planetario”, sinalaba o rexedor, que lembrou que as festas deste ano supoñerán un aforro de enerxía do 14,6% co adiamento do acendido media hora e co adianto, tamén media hora ,do apagado diario da iluminación. Así, a cidade supera os requisitos e a solidariedade que pide a Unión Europea (un aforro do 7,5%). “En Vigo faremos o dobre”.O Concello iniciou xa a montaxe da Bóla de Nadal de Urzáiz, que quedará rematada este luns pola noite, logo de 24 horas de traballo. Ten 12 metros de diámetro e 8 toneladas de peso, sendo “unha das atraccións notables do Nadal”.
Mañá martes, empeza a montaxe da Caixa de agasallo da Gran Vía con 17 metros de altura, 8 metros de ancho e 15 metros de percorrido lonxitudinal pola Gran Vía. Os traballos finalizarán en catro días.
Na Porta do Sol, está instalada xa a base da Árbore do Nadal de Vigo, que este ano ten 1,5 metros de altura. Comezará a montaxe este próximo xoves, día 4 de novembro.
Tal e como informou o rexedor, unha vez instalados estes elementos decorativos, o goberno municipal iniciará a montaxe do Boneco de neve, o Castelo, o Bosque de Nadal, a estrela e os sets luminosos que imos situar en Policarpo Sanz, na rúa do Príncipe e Eduardo Iglesias

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8