NIGRAN
O Concello de Nigrán realizará unha ofrenda floral este sábado no 'Xardín da Memoria' de Panxón
O acto, aberto á participación da veciñanza e coa presenza dos familiares dos represariados, forma parte esencial da programación polo 'Mes da Memoria Histórica' do Concello de Nigrán
O Concello de Nigrán conmemorará un ano máis este sábado 15 de outubro o 85 aniversario dos tráxicos asasinatos coñecidos como 'A volta dos nove'. Así, nun acto aberto aberta á participación da veciñanza e coa presenza de familiares dos represariados, o alcalde de Nigrán realizará unha ofrenda floral ante o seu monumento no 'Xardín da Memoria' de Panxón, espazo inaugurado no 2016 e que consta dunha escultura en pedra con 9 cruces referidas aos nove asasinados e tamén sendas placas que os recorda a eles, as súas mulleres, e a Dolores Samuelle, asasinada por axudar aos 'Ineses'.
O Concello de Nigrán celebra cada ano desde 2015 o Mes da Memoria Histórica facéndoo coincidir precisamente coa coñecida como ‘Volta dos Nove'. O suceso tivo lugar o 15 de outubro de 1936, cando se executaron a nove veciños do Val Miñor (cinco deles de Panxón) como vinganza e represión dos falanxistas polo suceso do día anterior en Sabarís, cando no asalto das forzas nacionais á casa dos irmáns republicanos “Os Ineses” morreron estes, a súa asistenta Dolores Samuelle e tamén un dos falanxistas. Horas despois os partidarios do golpe de estado colleron a nove veciños do Val Miñor detidos na prisión do Frontón, en Vigo, e como vinganza, os fusilaron na curva de A Bombardeira, en Baiona. Durante máis de 40 anos nove cruces apareceron pintadas nese punto como recordo dos falecidos e, aínda que as borraban e buscaron con esmero aos autores, estas sempre volveron a ser debuxadas. Hoxe o lugar é un espazo para a memoria e as cruces se manteñen, agora impresas, como recordo de todo aquelo que sucedeu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61