Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 04 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Os socialistas piden aclaracións sobre as multas postas na igrexa de Torroso

O PSOE mosense ven de emitir un comunicado no que sinalan que "trala humanización na contorna da Igrexa de Torroso colocáronse sinais limitando a circulación a residentes. Durante a tarde do pasado luns día 31 de outubro, patrullas da Policía Local estiveron multando a vehículos que circulaban incumprindo as sinais de tráfico".

 

Os socialistas de Mos preguntaron por este feito no pleno do día 2 de novembro despois de, segundo aseguran, "recibir informacións contraditorias por parte da veciñanza, nas que se aseguraba que ditas multas ían ser xestionadas para proceder a súa retirada. Situación que os socialistas califican de pouco usual xa que a alcaldía non pode interceder na potestade da Policía Local".

 

Os socialistas inciden en que "este feito debese tamén a confusión provocada na veciñanza por dicir, previo as obras, que tan so se ía limitar o tráfico pesado no tramo das melloras. Afirman ser conscientes de que os condutores teñen que respectar as normas de tráfico, pero que neste caso ditas afirmacións previas provocaron que se incorrese en malentendidos. Ademais de incorrer nun problema para toda aquela veciñanza que quería e quere facer uso do torreiro da Igrexa, como viña sendo habitual. Situación confusa que a veciñanza piden que se aclare, xa que dito torreiro foi cedido a administración local para as obras de humanización".

 

A voceira socialista, Victoria Alonso, casegura que "entende o malestar da veciñanza e afirma que a situación viu provocada por unha mala xestión da información que se deu por parte do goberno, xa que deben concretar ca máxima brevidade a situación do tráfico nesa zona".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.