Viernes, 01 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 01 de Mayo de 2026 a las 21:56:01 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 07 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Máis de 4.000 persoas interactuaron no metaverso na oficina de emprego virtual de Edugal

O metaverso permitirá nun futuro optimizar os procesos de avaliación e selección de persoal por parte do tecido produtivo, co centro posto no factor humano

Máis de 4.000 persoas visitaron o stand da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade no 11º Salón da oferta de educación e formación que se celebrou en Pontevedra os días 26, 27 e 28 de outubro. No expositor destacou a recreación dunha oficina de emprego no metaverso, unha experiencia piloto, coa que pretende achegar a orientación laboral ás persoas traballadoras de menor idade.

 

Os asistentes ao salón que visitaron o stand de emprego poideron coñecer de primeira man a iniciativa recreada neste universo virtual coa que o Goberno galego aposta pola innovación na busca de oportunidades laborais da mocidade. Con este proxecto piloto, ao que se puideron conectar os usuarios a través dos seus teléfonos móbiles e/ou grafas de realidade virtual aumentada, perséguese optimizar a orientación laboral, o deseño de itinerarios formativos e a recondución cara ao Servizo de Emprego de Galicia das persoas menores de 25 anos en situación de desemprego e que non estean formándose no momento actual.

 

No marco da estratexia global de emprego Xempre Contigo, o Goberno autonómico está a abordar unha modernización sen precedentes do dito servizo de emprego autonómico que pasa pola mellora dos procesos de intermediación e colocación que se realizará a través dunha nova ferramenta dixital baseada na intelixencia artificial. Grazas a este novo software a Xunta contará cos recursos, procesos e ferramentas para ser a institución referente do sistema para crear un vínculo permanente entre traballadores e empregadores.

 

O instrumento permitirá identificar as necesidades do mercado de traballo en tempo real e adaptar a formación e os itinerarios formativos a estas. Como novidade, ademais, manterá conexión co sistema de inclusión social de Galicia para identificar persoas vulnerables coas que traballar no proceso de transición ao emprego co acompañamento específico que precisan.

 

O stand de Promoción do Emprego en Edugal destacou, ademais, nesta edición pola celebración de diversos obradoiros relacionados coa bioloxía, tecnoloxía e biotech.ciencia; a impresión 3D; o deseño de videoxogos; electrónica; robótica educativa; ou intelixencia artificial.

 

Ao longo dos días que se celebrou Edugal, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade presentou tamén a Axenda Galega das Capacidades para o Emprego e a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, entre outros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.13

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.