Vigo
‘Non lle chames amor’ viaxará ata Vigo buscando experiencias e anécdotas sexuais
O programa presentado pola psicóloga e sexóloga Raquel Graña, percorre toda Galicia en limusina para falar de sexo sen tabús.
Este mércores chega ao prime time de Televisión de Galicia unha nova entrega de ‘Non lle chames amor’ na que a psicóloga e sexóloga Raquel Graña viaxa ata Vigo para falar, entre outros temas, sobre condutas tóxicas. Que é unha conduta tóxica? Como podo diferenciala dunha san? Trátase dun novo formato talk show producido por Nortideas, SL para Televisión de Galicia que percorre toda Galicia en limusina para falar de sexo sen tabús. Como se verán a sí mesmos en relación ao sexo os vigueses?
Para iso, a limusina de ‘Non lle chames amor’ pon rumbo a Vigo onde coñeceremos a Pili e a Javi, unha parella que nos dará as claves para atopar parella despois dos cincuenta.
Atreverase tamén coa limusina do programa Andie, unha rapaza moi fogosa que non pode vivir sen o seu “kit” esencial. En que consitirá? Tamén nos acompañará Mitchielle, un transexual que nos contará a súa historia e como o leva hoxe en día na sociedade actual.
'Non lle chames amor'
'Non lle chames amor' busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirve para escoitar a realidade do sexo. Cada programa conta cun tema principal e tres convidados que subirán á limusina para contar as súas vivencias amorosas e sexuais.
“Conversarase sobre emocións, sentimentos e sexo. Son conversas interxeracionais que rachan cos estereotipos da idade; de persoas que falan de amor e de sexo con liberdade, cada un desde a súa perspectiva dunha época ou dun lugar. Tivemos uns convidados de luxo. O programa é o que é grazas a eles que foron capaces de contar as súas intimadades ao redor do sexo”, sinala Raquel Graña, psicóloga e sexóloga que se inicia neste programa como presentadora e que xa conta con máis de 700.000 seguidores na súa canle de YouTube, ‘Íntimas Conexiones’.
“Queremos tender pontes emocionais cos espectadores a través da narración de anécdotas e experiencias que marcaran a vida das persoas.” –asegura Raquel Graña- “Desde a súa educación sexual, ás súas mellores e peores experiencias, as cousas que tiveron que facer para ter sexo ou a relación familiar en torno á sexualidade, por exemplo. Ademáis haberá moitas preguntas nas rúas do lugar onde nos atopemos para coñecer canto sabemos en realidade os galegos e as galegas sobre sexo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8