Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 12 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Carlos Vicente Rodríguez será o candidato do PP á alcaldía do Rosal

Luis López sinala que “é un gran candidato, co equipo máis preparado e o mellor proxecto” para que este concello volva a pensar en grande

Carlos Vicente Rodríguez será o candidato do Partido Popular á alcaldía do Rosal nas municipais de maio. Así o decidiu a xunta local por unanimidade, decisión que trasladaron ao presidente provincial, Luis López, e á secretaria xeral, Luisa Piñeiro, na reunión que mantiveron esta semana na nova sede local, á que asistiron o deputado autonómico Moisés Rodríguez, o voceiro da Guarda, Roberto Álvarez, e a presidenta da xestora de Tomiño, Lara Meneses.

 

Carlos Vicente amosou o seu agradecemento pola confianza tanto dos militantes e dos afiliados do Rosal, como da dirección provincial do partido, e amosouse convencido de que “somos a alternativa seria e fiable que necesita O Rosal”. Aposta por seguir traballando cara a cara cos veciños, na rúa, falando, escoitando e atendendo as súas preocupacións e inquedanzas. “É momento de recuperar a confianza dos nosos veciños, estes catro anos foron nefastos para o avance do noso concello, deixamos de ser un referente e tomar as nosas propias decisións para converternos nunha marioneta da alcaldesa de Tomiño, e por iso non podemos perder máis tempo nin máis oportunidades. Este concello necesita un impulso, O Rosal ten un gran potencial que non se está aproveitando e nós somos a opción fiable para conseguilo”.

 

Luis López subliñou que “Carlos Vicente é un gran candidato, cunha gran capacidade de traballo e moita ilusión”, e puxo como exemplo o traballo que leva facendo nestes dez meses, desde que asumiu a presidencia da xestora do Rosal. “Unha labor importante, a pé de rúa, escoitando e atendendo aos veciños. É o mellor candidato, pero con el tamén ten o equipo máis preparado e o mellor proxecto para que este concello volva a pensar en grande”. Recorda que “é fundamental escoitar á xente en cada aldea, porque así vai saír un proxecto real para O Rosal, co que os veciños se van sentir plenamente representados”.

 

Carlos Vicente Rodríguez ten 29 anos e é veciño do Rosal. É xogador e adestrador de balonmán, e está rematando estudos en Dereito. Presidente da xestora do PP do Rosal desde xaneiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.