Galicia
Descontos no recibo do lixo aos concellos que implanten o contedor marrón no 2023
Esta medida deberá repercutir nunha baixada da factura que recibe a veciñanza
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno autonómico introducirá o vindeiro ano unha bonificación do 15% no recibo de Sogama a todos os concellos que se comprometan, antes de que remate 2023, a implantar o quinto contedor -o marrón- para seguir separando residuos.
Con esta medida, o Executivo autonómico promove a redución da produción de residuos, á vez que incrementar a reciclaxe dos envases lixeiros e o traslado do importe desta bonificación ao recibo da veciñanza. “Baixamos os impostos, coidamos do medio ambiente e coidamos as persoas”, remarcou Rueda para defender as actuacións recollidas nos Orzamentos de 2023 da Xunta, dos que enxalzou que son os “máis elevados da historia, con 1.000 millóns de euros máis”.
Na súa intervención puxo en valor que nos Orzamentos do vindeiro ano “3 de cada 4 euros” irán destinados a gastos social e sanitario. Precisamente, remarcou que os 148,5 millóns de euros dirixidos á inclusión social representan “o dobre do que dedicaba o Goberno bipartito” a estas iniciativas nunha época -segundo advertiu o presidente galego- no que xa se daban “sinais” que demandaban “o incremento de axudas á protección social”.
Ademais, salientou que os mil millóns de euros máis dos Orzamentos de 2023 tamén irán dirixidos a loitar contra a inflación para axudar a familias, empresas e autónomos e facer fronte ao actual escenario enerxético; a consolidar a promoción de Galicia “que tamén xera riqueza, como o exitoso Xacobeo”; e para axudar os sectores produtivos. “Son cartos ben medidos e ben pensados para facer fronte a un escenario complicado”, argumentou o presidente da Xunta.
Petición directa a Escrivá sobre o IMV
O titular do Executivo galego tamén adiantou que se vai dirixir ao ministro de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, José Luís Escrivá, para demandarlle que axilice o cobro do Ingreso Mínimo Vital (IMV), xa que denunciou que “non é de recibo que unha tres persoas que o debería estar cobrando non o fagan por problemas burocráticos do Goberno central”.
A este respecto, reprobou que “hai meses” que este Ministerio ten unha proposta do Goberno galego para colaborar na xestión deste ingreso, no que Rueda considerou que está probado que Galicia é “máis áxil”. “Pero non quere, dállos a outras, non a Galicia”, recriminou o presidente da Xunta con respecto esta petición de xestión por parte da Comunidade galega

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno autonómico introducirá o vindeiro ano unha bonificación do 15% no recibo de Sogama a todos os concellos que se comprometan, antes de que remate 2023, a implantar o quinto contedor -o marrón- para seguir separando residuos.
Ademais, salientou que os mil millóns de euros máis dos Orzamentos de 2023 tamén irán dirixidos a loitar contra a inflación para axudar a familias, empresas e autónomos e facer fronte ao actual escenario enerxético; a consolidar a promoción de Galicia “que tamén xera riqueza, como o exitoso Xacobeo”; e para axudar os sectores produtivos. “Son cartos ben medidos e ben pensados para facer fronte a un escenario complicado”, argumentou o presidente da Xunta.
Petición directa a Escrivá sobre o IMV
O titular do Executivo galego tamén adiantou que se vai dirixir ao ministro de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, José Luís Escrivá, para demandarlle que axilice o cobro do Ingreso Mínimo Vital (IMV), xa que denunciou que “non é de recibo que unha tres persoas que o debería estar cobrando non o fagan por problemas burocráticos do Goberno central”.





































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44