Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 12 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

A Senda do Foxo Vello en Pereiras estará rematada a principios do 2023

A obra comezou fai 3 semanas e ten un prazo de execución de 5 meses

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil da parroquia de Pereiras, Leo Costas, visitaron esta semana as obras de acometida do proxecto de humanización Senda do Foxo Vello, acompañados polos técnicos municipais, Ramón Vega (arquitecto), e Purificación Barciela (arquitecto técnico).

 

Esta obra, que supón un paso máis no Plan Mos Humanizado, avanza a bo ritmo e suporá un antes e un despois para a parroquia de Pereiras, segundo declararon hoxe os representantes municipais Arévalo, Augusto e Costas.

 

Os traballos contan con subvención ao Concello de Mos no marco do Plan Concellos 2022-2023, liña 1 – investimentos (anualidade 2022-2023) da Deputación de Pontevedra. O proxecto de humanización Senda do Foxo Vello na parroquia de Pereiras ten un importe total que ascende a 406.926,42 euros. O prazo de execución é de 5 meses.


A alcaldesa destaca sobre esta obra que “continuamos dando pasos no noso Plan Mos Humanizado, que é un dos nosos principais compromisos do goberno local da presente lexislatura, no que damos ademais resposta a demandas veciñais; por iso priorizamos actuacións como esta Senda de Pereiras ou Senda do Foxo Vello”.

 

 

 

 

O orzamento do proxecto supera os 400.000 euros e supón un paso máis no Plan Mos Humanizado

 

 

 

 


A senda peonil e mellora da seguridade en Pereiras, inclúe entre as obras a realizar a construción dunha senda peonil dende a Igrexa da parroquia de Pereiras ata a senda de Atín, nas proximidades da estrada de titularidade autonómica PO-331. Coa execución desta obra, perséguese a mellora da circulación peonil tanto para a poboación en xeral como para os pais, nais e nenos do CEIP de Atín, e garantir unha comunicación segura dende a Igrexa ata estrada PO-331.


O tramo de actuación comprenderá dende o adro da Igrexa de Pereiras (punto 0+00) ata o remate da senda peonil de Atín (punto 0+720). No trazado diferenciaranse dúas zonas: zona 1.- camiño do Foxo Vello e camiño Pazos, discorrerá paralelo a traza de cada un dos camiños, seguindo a mesma configuración xeométrica cos mesmos. - camiño Pazos, marxe dereita. - camiño Foxo Vello, marxe esquerda e marxe dereita. Zona 2.- inmediacións do CEIP de Atín, circunda o peche do colexio definindo zonas verdes e de aparcamento. Adóitase este trazado para evitar grandes movementos de terra e muros de contención cunha altura máxima de 3,00 m., así como compensar os desmontes e os terrapléns. As obras comprenderán: construción dunha senda peonil co fin de darlle continuidade á senda de Atín. Remate da mellora do itinerario peonil ao CEIP de Atín dende o núcleo de Atín.


Realizarase a execución da recollida de augas pluviais dos camiños do Foxo Vello e Pazos, baixo o trazado da senda peonil, conducindo as mesmas ata un rego existente no camiño do Foxo Vello. Dotarase a senda de iluminación mediante farois situados cada 20-25,00 m. E sinalización viaria da senda, con sinais verticais e pasos de peóns elevados.


A mellora da seguridade viaria lograrase coa realización desta actuación comunicando equipamentos e favorecendo a integración e mobilidade. A senda estará destinada a dar servizo á mobilidade cotidiá, executarase sen estreitar a beiravía existente e buscando a mellor integración paisaxística posible. Primará ante todo a seguridade viaria tanto dos vehículos como dos peóns.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.