GALICIA
A Xunta financia 500 actuacións de entidades sociais que traballan no eido da inclusión
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a listaxe de asociacións beneficiadas da nova orde de axudas para a posta en marcha de iniciativas neste campo
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a relación de entidades sociais beneficiadas coa nova orde de axudas para a posta en marcha de programas e iniciativas no ámbito da inclusión. En total son 98 asociacións as que recibirán achegas económicas ao abeiro desta convocatoria, as cales suman no seu conxunto 7,1 millóns de euros e coas que se sufragarán un total de 500 actuacións.
A través destas subvencións, o Goberno galego garantirá o financiamento básico de centros de inclusión e de emerxencia social da Comunidade Autónoma, entre outros: albergues, comedores sociais, servizos de reparto de alimentos ou equipamentos sociais de atención continuada. Ademais, todos estes programas recibirán con esta nova liña de axudas ata un 40% máis de fondos por cada un dos seus usuarios que en convocatorias anteriores.
Destínanse 7,1 millóns de euros a sufragar programas e servizos dun centenar de organizacións
Por outra banda, a orde tamén achega fondos a programas de inclusión social e acceso ao mercado laboral para persoas en situación ou risco de exclusión. Entre eles, inclúense accións formativas e programas específicos para as persoas sen fogar e para poboación inmigrante, como formación lingüística, mediación intercultural ou asesoramento técnico en estranxeiría. As intervencións subvencionadas abranguen desde o pasado día 1 de xullo ata o 30 de abril de 2023.
Con esta iniciativa, o Executivo autonómico dá continuidade a súa colaboración co tecido asociativo, co obxectivo de chegar a todos os fogares que atravesan unha situación complicada e que precisan de apoio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208