Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 11 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

The Turre’s Band celebra máis de 20 anos “dando zapatilla”

O grupo de música The Turre’s Band celebra mañá, sábado día 12 de novembro, a partir das 00:00 da noite con entrada de balde, o seu 20 + 1 aniversario na Sala Tubulart de O Porriño.

 

A proclaramada “banda de delincuentes máis querida de toda Galicia” fará un concerto especial para celebrar os máis de 20 anos sobre os escenarios. O seu espectáculo estará composto polo repertório histórico da banda, temas do seu último disco “Zapatilla” e algún adianto de cara a próxima tempada. Todo cunha duración aproximada de hora e media de música e “algunha que outra sorpresa”, indican desde o grupo.

 

“É un concerto especial porque retomamos as vellas tradicions. Tiñamos a costume de rematar o ano no facendo un bolo neste local e debido á pandemia da Covid-19 estes últimos anos non foi posible”, indica o ‘frontman’ e saxofonista do grupo, Diego Cabaleiro.

 

A clave: deixar que todo flua

Cal é o segredo para que esta agrupación leve case tantos anos coma os míticos Heredeiros da Crus? “Deixar que todo flua”, indica Cabaleiro, “ao final somos dos amigos, compañeiros da música e da troula e iso é o que nos leva a seguir nos escenarios e dando zapatilla desde o 2001”.

 

Para acabar, Cabaleiro sinala que “sería xenial engadir algunha anécdota das moitas que temos gardadas nestes anos, pero sería preciso moitos caractéres e minutos para poder contalas como se merecen. Mellor que a xente veña vivir a próxima este sábado no Tubulart, lugar protagonista de moitas delas”.

 

Expulsados por non saber comer os pinchos educadamente

The Turre’s Band nace no 2001 cando os membros do grupo “foron expulsados das súas bandas de música por non saber os pinchos educadamente”, así o contan no seu tema Equipo T de ‘Algho hai!’, o primeiro traballo que publicaron no ano 2005. No ano 2010 presentaron ‘A última verbena’ e o ano pasado o seu último traballo, ‘Zapatilla’.

 

Desde hai máis de 20 anos levan percorrendo festas e festivais de todo o pais e parte da península como: o Festival Pardiñas, V de Valarés, Pekusión, Rebumbio, Terra brava e locais míticos do país como: o Claviccembalo, Auriense, Fábrica de Chocolate.

 

Ademais, foron finalistas nos Premios Martín Códax da Música Galega en 2018 e 2019 na categoría de ska-reggae-música de mestizaxe.

 

Os seus compoñentes son: Diego Cabaleiro (Voz e saxo), Ruben Porto (saxo), Ricardo González (bateria), Camilo Martínez (percusión), Manuel Castro (clariente), Javier Romero (trompeta), Juanjo Penas (trombón), Gustavo A. Barcia (baixo eléctrico), Gabriel Porto (trompa), Francisco Valcarcel (bombardino) e Gustavo Barcia (tuba).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.