Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 12:18:44 horas

Xornal21.es
Jueves, 17 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Tui celebrará o Mercado de Nadal durante un mes

Será entre o 5 de decembro ao 5 de xaneiro no Paseo da Corredoira. Está aberto o prazo de inscrición para as persoas participantes

O Concello de Tui realiza unha firme aposta polo Mercado de Nadal, tras o éxito acadado nas edicións anteriores, por iso dende o 5 de decembro e até o 5 de xaneiro permanecerá aberto ao público no céntrico Paseo da Corredoira.


Así o Paseo da Corredoira inundarase da maxia do Nadal e dos produtos típicos desta época dende o próximo 5 de decembro. O Concello de Tui, a través do Departamento de Formación e Emprego, Igualdade e Xuventude, Comercio  e Mercados, organiza o Mercado de Nadal no que poderán participar persoas artesás e comerciantes con produtos específicos destas datas coma alimentación, decoración, agasallos,…


Terán prioridade as persoas solicitantes que presenten produtos de carácter artesáns e os producidos a pequena escala.  Valorarase que os solicitantes teñan razón social en Tui ou na comarca, a calidade, singularidade e carácter diferencial dos produtos que teñan á venda, variedade de sectores, que sexan producidos en Galicia, ou que a persoa solicitante estea en posesión da carta de artesán.  A participación no mercado é gratuíta aínda que as persoas expositoras deberán depositar unha fianza de 150 €.  Durante o mercado deberán decorar os seus postos con motivos do Nadal.  


A participación no Mercado de Nadal poderase solicitar no mes completo, entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro, ou ben nas quendas establecidas do 5 ao 11 de decembro, do 12 ao 18 de decembro, do 19 ao 24 de decembro e do 26 de decembro ao 5 de xaneiro.


Para participar deberán cubrir até as 23 h do domingo 20 de novembro o formulario en liña accesible en www.tui.gal, e remitir ao correo mercadonadaltui@gmail.com entre 4 e 6 fotografías  representativas dos produtos que terán en exposición e venda.


O Mercado de Nadal celebrarase entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro no Paseo da Corredoira onde se instalarán 10 casetas de madeiras para acoller os postos. Abrirá de luns a xoves de 17 a 21.30 h, de venres a domingo, festivos e véspera de festivo tamén polas mañás de 12 a 14 h. Mentres o 24 e 31 de decembro abrirá só pola mañá e o 25 de decembro e 1 de xaneiro permanecerá pechado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.