Miércoles, 25 de Noviembre de 2026

Actualizada Martes, 24 de Noviembre de 2026 a las 21:23:56 horas

Xornal21.es
Lunes, 14 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
IGUALDAD

Lorenzana blinda o compromiso da Xunta polo benestar laboral, a corresponsabilidade e o liderado feminino

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade asistiu a un novo plenario do Consello Galego das Mulleres

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou a semana pasada  un novo plenario do Consello Galego das Mulleres, ante o que informou de tres importantes fitos acadados este 2022 a favor da igualdade que guiarán as actuacións da Xunta de Galicia nos próximos anos. Puxo en valor, así, a aprobación do VIII Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027, o III Programa muller e ciencia 2022-2024 e o I Plan galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual 2022-2024.


Lorenzana referendou que o Goberno da Xunta de Galicia está a fixar un marco de compromiso que situará a igualdade como motor de progreso social e económico, afianzando a transversalidade de xénero, a colaboración interinstitucional, o impulso efectivo da conciliación e a corresponsabilidade, o apoderamento da muller na ciencia e outras áreas e a súa protección ante a lacra da trata con fins de explotación sexual.


Estas medidas entroncan, tal e como relatou, coa nova Lei de igualdade de mulleres e homes que o Goberno galego está a elaborar co obxectivo de seguir a avanzar no benestar laboral, loitar contra as discriminacións múltiples e os ataques sexistas á muller e consolidar a aposta pola formación profesional e o emprego feminino de calidade.

 

 

 

 

Deu conta da aprobación do VIII Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027, o III Programa muller e ciencia 2022-2025 e o I Plan galego contra a trata 2022-2024

 

 

 


Nos próximos anos a promoción da conciliación e a corresponsabilidade serán claves para acadar un verdadeiro benestar laboral, especificou a conselleira. A Xunta de Galicia está a completar a avaliación do I Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021, que servirá como base para o deseño do II plan que lle dará continuidade ata o ano 2025.


Na mesma liña, o Consello Galego das Mulleres está a elaborar un estudo sobre corresponsabilidade en Galicia, en concreto, sobre a repartición do traballo doméstico e de coidados. Esta iniciativa permitirá obter información acerca dos usos do tempo e o reparto de responsabilidades nos fogares galegos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.105

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.