Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 13 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Un veciño mostra o seu agradecemento a dous axentes por "salvarlle a vida"

Os feitos tiveron lugar o pasado mes de xullo cando Jesús Pérez, veciño de Atios, entrou en para cardiorrespiratoria na rúa Ramirás e que os dous axentes lograron estabilizalo ata a chegada dos servicios médicos

Axentes da Policía do Porriño recibiron o emocionado agradecemento de Jesús Pérez, un cidadán ao que atenderon o pasado mes de xullo cando sufríu unha parada cardiorrespiratoria na vía pública.


O home, veciño de Atios de 80 anos, e a súa muller, estiveron en contacto dende entón cos axentes que se preocuparon da súa evolución, que está a ser satisfactoria. Nesta semana quixeron recibilos na súa casa para agradecerlles en persoa o seu traballo e a atención recibida.


Os feitos tiveron lugar o pasado 19 de xullo na céntrica rúa Ramirás, cando Jesús circulaba no seu vehículo e sufríu un paro cardíaco quedando inconsciente no interior do coche no medio da calzada.


A patrulla, equipada cun equipo desfibrilador (DESA) desprazouse ao lugar e en tan só dous minutos estaban atendéndoo. Ao chegar e comprobar que non respondía aos estímulos procederon a realizar as manobras de reanimación cardiopulmonar, utilizando o desfibrilador do coche patrulla ata que se estabilizou e foi atendido polos servizos médicos.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañou aos axentes a petición de Jesús que quixo que tamén estivera con eles. Lorenzo salientou o “humano e emocionante deste momento. O que viviron ese día o recordarán sempre todos eles, coa sorte saber que está ben e recuperado, que é o importante”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.