GALICIA
A Xunta defende o compromiso de Galicia coa transformación dixital e sustentable da industria
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destaca no Parlamento que as prioridades son impulsar o binomio industria-sustentabilidade; inxectar innovación no tecido empresarial; e manter o mellor ciclo exportador da historia da Comunidade
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinalou esta semana no Parlamento que Galicia ten en marcha a súa axenda industrial para 2030, co obxectivo de impulsar a transformación dixital e sustentable do tecido produtivo galego, así como a innovación e a internacionalización.
As prioridades son impulsar o binomio industria-sustentabilidade; inxectar innovación no tecido empresarial; e manter o mellor ciclo exportador da historia de Galicia; ademais de facer que os proxectos de investimento en Galicia teñan á súa disposición todos os incentivos e todas as medidas de acompañamento necesarias, con figuras como os proxectos industriais estratéxicos e de interese autonómica e as iniciativas empresariais prioritarias.
A Administración autonómica traballa tamén para facer que os proxectos que se estuden implantar en Galicia teñan á súa disposición todos os incentivos e todas as medidas de acompañamento necesarias
O vicepresidente económico lembrou ademais que Galicia conta cunha lei que simplifica os tempos de tramitación dos proxectos e alivia de cargas burocráticas ás empresas, , e no plano do investimento, cunha Axenda Financeira dotada con 140 millóns de euros para apoiar a solvencia e dar liquidez ao tecido empresarial galego. E estas actuacións desenvólvense en liña coa Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), a credencial ante Europa para acceder aos fondos comunitarios. Un dos obxectivos desta folla de ruta é que o investimento en I+D acade o 2% do PIB en 2030.
Conde sinalou que Galicia conta con máis dunha trintena de proxectos industriais, que grazas ás medidas adoptadas pola Xunta e ao traballo de case dous anos co tecido empresarial e cos centros de coñecemento, están en condicións de acceder aos fondos Next Generation. Estes proxectos transformadores e maduros vincúlanse coa economía circular, como o de Altri ou a planta de fabricación de fertilizantes de Reganosa, Repsol e Naturgy; coas novas fontes de enerxía renovables, como a planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP nas Pontes; ou o de Nervión de estruturas para eólica offshore. A biotecnoloxía, coas iniciativas de Zendal, Indukern e Lonza; o sector agroalimentario, con Estrella Galicia, Profand e Jealsa impulsando proxectos; e a mobilidade do futuro, con Stellantis ou Showa Denko, son outros dos ámbitos nos que se centran os proxectos industriais que Galicia ten en carteira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44