Viernes, 23 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 12 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

Nidia Arévalo: “Mos está de noraboa, ‘Galicia Sport 360’ creará emprego e converteranos nun referente internacional”

A alcaldesa mosense manifestou hoxe a súa satisfacción pola aprobación inicial por parte do Consello da Xunta de Galicia do trámite para declarar o proxecto de interese autonómico

O Consello da Xunta aprobou o xoves iniciar o trámite para declarar de interese autonómico a Factoría do Deporte Galego Sport 360 do RC Celta en Mos, coa previsión de que o expediente terminará de tramitarse o próximo verán. Así o informaba o propio presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, insistindo en que é unha inversión estratéxica para o futuro de Galicia.

 

A este respecto pronunciouse hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que celebra a noticia como un acontecemento polo que “Mos se atopa de noraboa”. Arévalo, rexedora local mosense, sempre manifestou que “o noso goberno apoia o proxecto ‘Galicia Sport 360’ do Celta porque creará emprego e converteranos nun referente deportivo internacional”.

 

O Celta dará continuidade con ‘Galicia Sport 360’ á Cidade Deportiva Afouteza en Pereiras. Tratarase da futura Factoría do Deporte Galego, un espazo estratéxico de interese autonómico e referente internacional, que incluirá Universidade do Deporte e no que o clube prevé investir 93 millóns de euros.

 

Este novo proxecto convertirase na Factoría do Deporte Galego, tratándose dun centro integral para a capacitación da industria do deporte, cun centro de tecnificación avanzada para o desenvolvemento das novas tecnoloxías e a súa aplicación ao mundo do deporte. Un centro que albergará ademais a Universidade do Deporte.

 

Sobre esta gran noticia a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou “a gran transformación e o ‘boom’ en materia de novas dotacións e equipamentos que vai supoñer esta nova infraestrutura deportiva estratéxica e referente internacional”.

 

Así mesmo Arévalo salientou as características deste novo proxecto céltico “que contará cunhas instalacións de 299.000 m2 de superficie e no que o clube fará un investimento de 93 millóns de euros. Ao tempo que creará emprego no municipio con 200 novos postos de traballo”.

 

Deste xeito a Cidade Deportiva Afouteza continuará crecendo con esta Factoría do Deporte Galego-Galicia Sport 360 que contará con campos de fútbol de herba natural e artificial, instalacións para os equipos de categorías profesionais e para a canteira, instalacións para a práctica doutros deportes, centro de ocio deportivo temático aberto ao conxunto da sociedade e residencia deportiva para a canteira e concentracións do primeiro equipo, así como para os programas de formación intensivos.

 

O Centro de Tecnificación Avanzado para o Deporte contará cunha superficie edificable de aproximadamente 98.000 m2 repartida en tres edificios que albergarán: Universidade do deporte, centros de ciclos formativos de Grado Superior vinculados á medicina e o mundo deportivo e centro de alto rendemento médico. Tamén Centro Tecnolóxico da Innovación no deporte. Centro Demostrador de Tecnoloxía. Lobby empresarial do deporte e Club de inversores. E centro de eventos e conferencias.

 

A área de servizos contará cunha serie de servizos para o afeccionado, clubs visitantes, etc. Como o Edificio Arena, para eventos deportivos, con capacidade para ata 10.000 espectadores. Servizos de restauración, ocio deportivo e tendas de merchandising complementarios. E hotel para diferentes programas deportivos desenvoltos no complexo. Ademais o proxecto inclúe áreas de aparcamento con capacidade para uns 2.500 vehículos e espazos libres naturais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.