Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 16 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Axentes da Policía Local do Porriño auxilian a unha bebé

A nena foi levada ao PAC do Porriño polos axentes da policía local mentres se lle efectuaban as manobras de primeiros auxilios conseguindo abrir as súas vías respiratorias antes de chegar ao centro médico

Momentos de tensión os vividos esta semana na xefatura da Policía Local do Porriño. Eran as 22h os pais dunha pequena de preto de dous anos de idade chegaban con ela en brazos ás dependencias policiais xa que non podía respirar.


Tras constatar que a menor sufría unha insuficiencia respiratoria, comezaron a realizar as manobras básicas de primeiros auxilios conseguindo que reaccionara. Ao non haber unha ambulancia dispoñible neste momento e comprobar que a pequena volvía quedar sen aire, os axentes desprazarona de urxencia xunto aos seus pais ao centro de saúde, mentres un deles continuaba a efectuar as maniobras. De camiño, estas deron resultado e a pequena logrou expulsar as secrecións que lle impedían respirar e abrir a vía aérea, comezando a respirar con normalidade.

 

 

 

 

Foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro e, tal e como trasmiten os seus pais, hoxe xa se atopa na súa casa recuperándose

 

 

 


En primeira instancia a nena foi atendida no PAC do Centro Médico do Porriño e posteriormente trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro e hoxe xa se atopa no seu domicilio e recuperándose.


Dende a Concellería de Seguridade, que dirixe Abel Estévez, e dende a Alcaldía, agradeceron á Policía Local do municipio o labor realizado, grazas á formación e preparación destes funcionarios e salientaron que o vindeiro ano, realizarán un curso de reciclaxe de primeiros auxilios para todos os funcionarios policiais, a fin de garantizar a capacidade de afrontar situación como as vividas onte e resolvelas satisfactoriamente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.