GALICIA
A Xunta pedirá ao goberno modificar a planificación eléctrica actual para a central hidroeléctrica reversible de Magtel
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, mantiveron unha reunión con responsables da empresa para avaliar os seguintes pasos do proxecto tras a aprobación da concesión por parte de Augas de Galicia
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, mantiveron unha reunión con responsables da empresa Magtel para avaliar os seguintes pasos que se deben dar por parte da compañía de cara a impulsar o proxecto da central hidroeléctrica reversible que promove nas Pontes.
A empresa, que xa conta coa concesión por parte de Augas de Galicia, amosou a súa preocupación por se a iniciativa contará con permiso de acceso e conexión á rede nas Pontes. A Xunta comprometeuse a incluír este punto na proposta da modificación da planificación eléctrica actual que se trasladará ao Goberno central coas prioridades para a industria implantada en Galicia.
A Xunta está ultimando o documento que se lle trasladará ao Executivo central e que recollerá as necesidades de infraestrutura da rede que permitan tanto manter a competitividade de industrias xa instaladas como a viabilidade daqueles proxectos que se queren implantar na Comunidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170