Galicia
Axentes da Garda Civil fórmanse en rescate acuático
Na xornada impartiuse a parte teórica da formación nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou os participantes no curso de formación que a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) está a organizar esta semana para mellorar a formación dos axentes da Garda Civil en intervencións de risco en medio acuático.
Na xornada de onte impartiuse a parte teórica da formación nas instalacións da AGASP na Estrada e hoxe o director xeral de Emerxencias e Interior acompañou os membros do Grupo de Reserva e Seguridade (GRS) da Garda Civil nun simulacro de rescate acuático na localidade padronesa de Carcacía. Mañá está previsto outro exercicio similar en Combarro (Pontevedra), co que rematará a actividade formativa.
Santiago Villanueva explicou que este curso permitirá dotar aos axentes participantes das ferramentas necesarias coas que afrontar as situacións de emerxencia neste ámbito garantindo a seguridade tanto dos efectivos que interveñan como das vítimas e demais persoas involucradas.
Deste xeito, na parte teórica abordáronse conceptos como os riscos específicos do entorno acuático, equipos de protección individual, normas de seguridade e autoprotección, como delimitar a zona de risco, ademais de técnicas de rescate de urxencia en casos de vehículos semisumerxidos ou de busca de persoas desaparecidas. Tamén se incidiu na necesidade da coordinación con outros servizos de emerxencias. Estes contidos puxéronse en práctica no exercicio de hoxe ensaiando técnicas de natación adaptadas e como levar a cabo rescates de urxencia.
Cómpre lembrar que AGASP é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia e tamén dos servizos de emerxencias. Ademais de preparar cada ano ás novas promocións de Policía Local ofrece cursos con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario para garantir a seguridade dos galegos e galegas.
A Academia conta cursos no plan de formación dirixidos a persoal da Policía Local e os profesionais dos corpos e forzas de seguridade do Estado que traballan en Galicia, isto é, Policía Autonómica, Policía Nacional e Garda Civil.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170