Viernes, 23 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 16 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

O Alto de San Cosme contará cunha gran rotonda elíptica

Os traballos, adxudicados por preto de 40.000 euros, comezarán nas vindeiras semanasOs traballos, adxudicados por preto de 40.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas

A illa central da glorieta terá unhas dimensións de 15 metros de ancho e 30 metros de longo e contará cun gorxal de dous metros de ancho empedrado, para que poida ser puntualmente remontable para os vehículos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou as obras de construción dunha glorieta elíptica na intersección da estrada autonómica PO-331, no Alto de San Cosme, nos concellos de Vigo e de Mos.

Actuarase nesta intersección situada no punto quilométrico 7+600, na que conflúen as vías que conectan a PO-331 coa Universidade de Vigo, co núcleo de Erville e con outros importantes equipamentos da zona.


 

As obras, adxudicadas á empresa Construcciones Fechi SLU., por un importe que rolda os 40.000 euros, comezaranse nas vindeiras semanas, en función das condicións meteorolóxicas.


 

Na actualidade, esta intersección na PO-331 regúlase mediante unha glorieta partida. Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria dos xiros neste punto, o departamento de Infraestruturas da Xunta adecuará a intersección mediante a implantación dunha glorieta, que tamén contribuirá ao calmado de tráfico.


 

Deste xeito, para poder acoller de modo axeitado os diferentes viarios que converxen na vía autonómica, a glorieta adaptará a súa forma cunha planta elíptica.


 

Máis en detalle, as obras consistirán na execución dunha glorieta de planta elíptica, de radio mínimo 12,50 metros, que disporá dun carril de 6 metros de ancho, con beiravía, tanto exterior como interior, de ata un metro de ancho.


 

A illa central da glorieta terá unhas dimensións de 15 metros de ancho e 30 metros de longo e contará cun gorxal de dous metros de ancho, empedrado, de maneira que poida ser puntualmente remontable para os vehículos.

 

[Img #78695]


 

Para a execución da glorieta será necesario demoler previamente as isletas existentes, e acondicionarase parte da superficie demolida que ocupan as actuais isletas mediante a reposición de firme.


 

Na intervención, inclúese tamén o acondicionamento da sinalización tanto horizontal como vertical da zona, adecuando esta á nova configuración da intersección. Finalmente, tamén se procederá á colocación dos carteis de orientación necesarios para indicar os destinos na estrada PO-331.


 

Cómpre sinalar que para executar as obras será necesario actuar sobre a plataforma existente en toda a zona de actuación, o que podería dar lugar a interrupcións temporais do tráfico ou á súa regulación mediante circulación alternativa.


 

A Xunta continúa coa mellora da seguridade viaria da estrada PO-331, con actuacións tan relevantes como a levada a cabo entre os puntos quilométricos 11+720 e 12+340, no polígono da Pasaxe e acceso á AG-57, na que se investiron máis de 350.000 € no ano 2020.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.