Galicia
Vigo – Madrid en avión máis barato que Vigo – Santiago pola AP-9
Facer todo o percorrido da autoestrada do Atlántico, dende Ferrol a ata Tui, custará en 2023 máis de 25 euros por traxecto.
A principal vía de comunicación de Galicia, a AP-9, é xa unha das vías máis caras de Europa, por si fora pouco, Audasa ten previsto actualizar a súa tarifa cun incremento do 9,38% para o vindeiro ano.
O custe increméntase tódolos anos según o IPC, pero no caso da AP-9 os usuarios pagan tamén o 1 por cento extra de compensación que ten Audasa, a concesionaria da autoestrada, pola ampliación da ponte de Rande e a circunvalación de Santiago de Compostela.
Se pensamos viaxar de Vigo a Madrid, e collemos o billete con suficiente antelación, atopámonos con ofertas de vo en avión dende 19 euros, máis barato que ir en coche de Vigo a Coruña pola autoestrada AP-9. Así os usuarios da AP-9 pagarán case 20 euros a partir de xaneiro por viaxar entre A Coruña e Vigo.
Trátase "dunha subida escandalosa", segundo a Federación Galega de Transportes de Mercadorías (Fegatramer) en declaracións feitas aá TVG, que considera este aumento, a falta do visto e prace do Ministerio de Transportes, “un novo agravio” contra empresas, usuarios e transportistas da comunidade.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, lembra que o executivo está "asumindo esta clase de subas", pero avisou de que haberá que "estudar a proposta da empresa e o reparto de fondos".
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, instou o Goberno central a "rectificar" a posible suba para o próximo ano das peaxes da autoestrada A-9 nun 9 %, xa que considera que se trata dunha "decisión política" que pode tomar "nun sentido ou outro".
Para Roda este posible incremento é unha decisión máis en contra da comunidade galega por parte do Executivo de Pedro Sánchez, xa que a conxelación da tarifa "as fixo noutras autoestradas" pero "ultimamente a Galicia sempre lle tocan as peores decisións do Goberno central", asegurou.
SUBA DAS PEAXES NA AP-9 EN 2023 ( 9,38 %)
Ferrol-Tui 25,15 euros
A Coruña-Vigo 19,15 euros
A Coruña-Santiago 7,90 euros
Vigo-Santiago 11,25 euros

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208