Viernes, 01 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 30 de Abril de 2026 a las 18:10:46 horas

Xornal21.es
Sábado, 19 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Os investigadores xa poden consultar máis de 7.500 documentos do Lazareto da Illa de San Simón

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, comproban os resultados da primeira fase dos traballos que está a acometer o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, comprobaron nesta semana os resultados da primeira fase dos traballos que está a cometer o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra coa documentación histórica do lazareto da illa de San Simón e que polo momento se saldou con 7.500 documentos restaurados.

 

Co gallo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, visitaron o pasado mércores o Arquivo Histórico acompañados da súa directora, Carmen L. Corgo. O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades puxo de manifesto a importancia destes traballos de conservación e divulgación documental “para manter viva a nosa historia e estudar e comprender un período da historia contemporánea de Galicia e España”. Como expresou, hoxe en día a illa de San Simón forma parte dun circuíto histórico patrimonial “que axuda a comprender a historia de Vigo e a súa contorna”.

 

Anxo M. Lorenzo indicou, ademais, que o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra obtivo mediante transferencia documental da Delegación de Facenda de Vigo a documentación do lazareto que estaba depositada na Aduana de Vigo en 1977 e tamén a documentación do lazareto de San Simón existente na illa en 1982. Así, a día de hoxe, a documentación sobre o lazareto de San Simón que custodia o arquivo abrangue desde 1803 a 1934 e inclúe expedientes e rexistros de buques, misais, rexistros de ordes e saídas de persoal, entre outros.

 

 

 

 

Con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial salienta a importancia da conservación e divulgación documental para “manter viva a nosa historia”

 

 

 

 

Traballo exhaustivo
A primeira fase da restauración comezou no ano 2019 e neste tempo recuperáronse un total de 7.500 documentos correspondentes as datas entre 1920 e 1930 que conteñen principalmente documentos de barcos, tripulantes e pasaxeiros e que reflicten o proceso para poder saír tras as corentenas do lazareto. Como indicou Anxo M. Lorenzo, os documentos recepcionados atopábanse en mal estado de conservación, polo que o cualificou o traballo levado a cabo polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra como “exhaustivo e excelente”, ao permitir “abrir unha porta ao noso pasado cunha valiosa documentación”.

 

Salientou tamén que isto demostra o importante papel dos arquivos para custodiar o patrimonio documental de Galicia. Neste sentido, referiuse ao traballo levado a cabo pola Xunta á hora de contribuír á conservación dos fondos documentais dos distintos arquivos galegos a través de distintas iniciativas como unha liña de axudas específicas por 145.000 euros destinada tanto a concellos como a entidades sen fin de lucro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.