PROVINCIA
A Escola Náutica de Bueu cumpre medio século
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou que este centro focaliza as súas accións formativas na mellora da empregabilidade de galegas e galegos
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou esta semana no acto de conmemoración do 50º aniversario da escola marítimo-pesqueira de Bueu, un centro público de formación ocupacional dependente do seu departamento, que, como puxo en valor, dirixe as súas accións prioritariamente a persoas desempregadas e traballa para “facer máis atractivo e produtivo o sector pesqueiro, retendo o talento humano e atraendo ás novas xeracións”.
O centro de Bueu caracterízase pola capacitación do oficio de mariñeiría, polo que os alumnos e alumnas obteñen tanto a formación como a titulación, imprescindibles para acceder aos postos de traballo do sector da pesca, transporte de mercadorías e pasaxeiros. Lorenzana destacou que a “Náutica de Bueu” naceu como escola para fillos de pescadores e cumpre as súas vodas de ouro tendo ensinado ao longo destes anos o oficio do mar a miles de mozas e mozos.
As titulacións impartidas na localidade pontevedresa varían en función das necesidades do mercado laboral, dos requirimentos da lexislación marítima internacional e das peticións identificadas polas navieiras, armadores e axencias de colocación. Lorenzana lembrou neste sentido que, a instancias da propia escola, déronse de alta no Catálogo de Especialidades do servizo de emprego (SEPE) dúas novas especialidades: inglés técnico marítimo nivel II (básico) e formación básica en protección marítima.
Puxo en valor a oferta do centro adaptada ás necesidades do mercado en cada momento e con atención ás demandas das compañías do sector
“As accións formativas que se imparten na escola de Bueu son gratuítas e diríxense prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, co obxectivo é favorecer a súa reinserción laboral así como asegurar a remuda xeracional nun sector tan importante para Galicia como é o do mar”, recalcou Lorenzana, quen cifrou case 9.000 millóns de euros a súa aportación á economía galega, case o 5% do seu Produto Interior Bruto (PIB).
Entre os cursos que se imparten na actualidade destacan o de mariñeiro/a e pescador/a, patronaxe costeira polivalente, patronaxe local de pesca, soldadura, buques de pasaxe, operador de radio ou formación básica en seguridade.
Desde o ano 2009, a Consellería leva destinados máis de 900.000 euros á escola de Bueu.
Aposta pola formación
Tal e como puxo en valor a conselleira, a formación segue a ser un dos eixos sobre os que pivotan as políticas de emprego da Xunta. “Cremos firmemente que a través da formación teremos un capital humano máis cualificado, favorecendo a produtividade das empresas”, dixo. A Consellería que dirixe incrementará así, en 2023, o orzamento para formación, que superará os 202 millóns de euros (un 9,6% máis que en 2022). Máis da metade destes cartos (104 millóns) destinaranse o novo Plan Galego de Formación para o Emprego 2023.
Entre outras actuacións, Lorenzana subliñou o plan de cualificación para persoas traballadoras desempregadas (máis de 49,7 millóns de euros) e para ocupadas (3,7 millóns euros). “Ambos prevén por en marcha máis de 4.000 accións de formación que poderán chegar a máis de 56.800 persoas”, anunciou.
A Xunta destinará en 2023 máis de 200 millóns de euros á formación para o emprego e prevé máis de 4.000 accións dirixidas ás persoas ocupadas e en desemprego
Lorenzana aludiu tamén á Axenda galega de capacidades para o emprego, “unha estratexia pioneira en España que sitúa no centro das políticas as capacidades das persoas para crear unha contorna de aprendizaxe permanente”. Baseada na colaboración público-privada, permitirá detectar as necesidades que ten o tecido produtivo para adaptar así as accións formativas e casar a oferta e a demanda, engadiu.
A representante da Xunta lembrou por último que a formación profesional é unha meta transversal que implica a todo Goberno galego e avanzou que a Consellería do Mar incrementará en 2023 os fondos para a cualificación náutico-pesqueira, destinando 10 millóns de euros, un 4,7% do presuposto do departamento a esta finalidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57