GALICIA
Axudas por máis de 28 m€ para fomentar a construción de vivendas en alugueiro
O director xeral do IGVS avanzouno esta semana durante unha reunión coa Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña
O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, mantivo esta semana unha reunión co presidente de Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña (Aproinco), Ángel Jove, acompañado do secretario da asociación e de empresarios promotores de vivendas para alugueiro na que se trataron diversos aspectos das axudas que a Xunta vai convocar destinadas á construción de vivendas para alugueiro.
Por un lado, o director xeral explicou as axudas destinadas á construción de vivendas en alugueiro sobre solo público, que poderán ser promovidas por promotores públicos, concellos e privados e deberán destinarse a alugueiro por un prazo mínimo de 50 anos. As vivendas deberán construírse sobre solo público tanto propiedade da Xunta como doutras administracións, por exemplo, parcelas de titularidade municipal.
A convocatoria destas subvencións publicarase proximamente e estará dotada con 16,12 millóns de euros financiados con fondos europeos.
Haberá incentivos para impulsar novas promocións residenciais en solo público e tamén para o fomento de aloxamentos temporais, cohousing ou vivendas interxeneracionais, así como de inmobles destinados a persoas maiores ou con algunha discapacidade
Ademais, tamén se falou de dous programas novidosos incluídos no Plan para o acceso á vivenda 2022-2025 e que poden resultar de interese para o sector: as axudas para o de fomento de aloxamentos temporais, tipo cohousing, vivendas interxeneracionais e modalidades similares, e as subvencións para fomento de vivendas para persoas maiores ou persoas con discapacidade. Ambas liñas de axudas tamén se convocarán proximamente, cunha dotación total de 12,3 millóns de euros.
Por último, na xuntanza abordaron outros aspectos relacionados coa promoción de vivendas destinadas a alugueiro, como as rendas aplicables ou a tramitación das axudas que se van convocar. Ademais, acordouse a celebración dunha nova xuntanza para analizar as suxestións que van a presentar os promotores inmobiliarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170