Domingo, 28 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 21 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
BAIONA

O “Novembro Lila” achega ao alumnado do CPI Cova Terreña

A programación organizada pola Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ” Novembro Lila”, continúa coas súas actividades.

 

A Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, acercouse ata o CPI Cova Terreña para coñecer o obradoiro “Afiidades Diversas” e acompañar a Anne Malgogne Dumesnil "Amadu", Brigitte Darras Dit "Bivan", Fabbienne Alliou – Lucas, son as artistas francesas que xunto coa artista baionesa Irene Silva, están a impartir ao longo da xornada de hoxe una serie de obradoiros para o alumnado de 1º da ESO neste colexio baionés. A delegación francesa de artistas de Pornic e artista baionesa tratan con este obradorio de dar visibilidade oa traballo das mulleres artistas que ao longo da historia da arte virou o seu traballo invisibilizado. Os obradoiros tamén conta con una parte práctica no que o alumnado deixa voar a súa imaxinación.

 

Este ano a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona vai aproveitar o aniversario co irmandamento con Pornic, para abrir o círculo e integrar a mirada de artistas francesas, as cales forman parte da programación, non só expoñendo as súas pezas, senón que tamén dirixen estes obradoiros para o alumnado dos centros educativos de Baiona.

 

Entre as actividades estrela desta edición 2022 atópase a exposición e o encotro cas artistas “Afinidades divesas” que se inaugurá mañá as 19:00h no Multiusos Mercado de Sabarís. Anne Malgogne Dumesnil "Amodu", Brigitte Darras Dit "Bivan", Fabbienne Alliou – Lucas, son as artistas francesas que xunto as artistas baionesas Irene Silva,  Mar Caldas e Elvira Jardón exporán o seus traballos  ata o 27 de novembro no Multiúsos Mercado de Sabarís, podendo visitarse os sábados de 16:30h a 19:00h e os domingos de 16:30h a 19:30h,  unha oportunidade moi valiosa para tecer lazos e traballar en proxectos comúns no futuro. (Para visitas grupais concertar cita no teléfono 620065056)

 

O “ Novembro Lila” é un programa deseñado para dar visibilidade á secuela da violencia machista coincidindo con motivo do 25 N, día internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha programación que abarcará todo o mes de novembro e contará cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.